19.04.2013 Views

Bolboreta - Barbantia

Bolboreta - Barbantia

Bolboreta - Barbantia

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

A COR DOS SOÑOS - BAIXO AIXO SOSPEITA SOSPEIT

65

lugar seguro. Xa todos reunidos no cuarto de Maia,

agás Uxía que tivera que marchar por culpa do can,

comezou o alude de preguntas:

-Atopastes algo? Que había dentro?

-Nada fóra do ordinario. Había moitísimos

botes de pintura e ferramentas…

-E nada máis? Pero vós mirastes ben por todos

lados?

-Si, estivemos en tódolos cuartos agás nos do

último piso... As escaleiras que levan alí estaban

derrubadas…

-Aínda non as amañaron? Que estiveron facendo

entón?

Os tres rapaces miráronse en fite. Esa era

unha moi boa pregunta. Acabábanse de decatar de

que non viran ningunha reforma, nada que parecese

novo. Estaban un pouco desorientados…

-Non pode ser –pensou en voz alta Roi-.

Escápasenos algo importante. Négome a crer que

as nosas sospeitas non son certas…

-Déixao… -pediulle Isa-. Vai ser mellor que nos

esquezamos do asunto e gocemos do pouco verán

que nos queda.

Todos asentiron un pouco decepcionados.

Baixaron deica a porta para despedirse e, con

abraio, contemplaron a imaxe que os agardaba no

exterior. Unha furgoneta branca aparcara a só uns

pasos deles e os dous homes estábana a cargar con

algúns dos botes de pintura do interior da casa.

-Que están facendo? Levan a pintura? –Cecilia

falara máis alto do debido.

O condutor do vehículo ergueu a vista cara a

eles e sacando a cabeza polo portelo, faloulles:

-Que pasa cativos? Non deberiades andar pola

rúa a estas horas…

-Isto xa está –comunicoulle un dos homes-.

Anda, vaite.

O condutor pareceu dubidar.

-Non pasa nada, só son os veciños –explicoulle

e dirixíndose ós rapaces continuou:

-Temos que devolver algunhas cousiñas. Ordes

do xefe.

Observaron como a furgoneta arrancaba e

todos se fixaron no mesmo detalle: a persoa que

conducía o vehículo tiña a mesma tatuaxe no brazo

que aquel moinante que estivera falando con

Amparo, xa había tempo. Maia botoulle unha mirada

perspicaz ó seu curmán ó tempo que lle consultaba:

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!