19.04.2013 Views

Bolboreta - Barbantia

Bolboreta - Barbantia

Bolboreta - Barbantia

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

22

-Nunca chove? –preguntou estrañado Pío-.

Pero nunca, nunca?

-Nunca –sentenciou Carmiña–. Por iso non hai

herba no chan. O chan é de area. Area, e máis

area, ata onde alcanza a vista. Pero é tan fermoso...

As dunas, en forma de media lúa, os oasis coas

palmeiras...

-Que son os oasis? –preguntou de novo Pío que

non daba creto ao que lle contaba Carmiña.

-Os oasis son lugares onde hai auga, e alí hai

herba e medran as palmeiras.

-Pero só hai auga nos oasis? Non hai regatos

como aquí?

-Claro que non, parvo. Alí en troques de moitos

regatos pequenos, hai un río só, pero moi grande,

moi ancho e moi profundo, que se chama Nilo,

e a carón del medran as pirámides, enormes, de

pedra, e a esfinxe que ten cara de muller e corpo

de león. E en vez de noces e landras e castañas, alí

teñen un froito só, que dan as palmeiras, que son

as árbores de África: os dátiles, que son doces

coma a mel. E en vez de moitos paxaros pequenos

como aquí, alí hai unha ave soa pero moi grande de

longas patas e longo pico: o ibis, que se pasea alto

e ergueito por entre os papiros do río. As noites son

claras como en ningún outro sitio, e a lúa tan luminosa

que se ve como se fose de día.

A COR DOS SOÑOS - O ESQUÍO ESQUÍO

PÍO E A ANDORIÑA CARMIÑA

-Gustaríame coñecer África... –dixo o esquío

Pío con aire soñador–. Claro que se só hai unha

froita, un río, e un paxaro, debe ser un pouco

aburrido. A min gústame poñerme á beira do río,

e escoitar correr a auga. Teño moitas troitas amigas,

que en canto me ven, saltan para me saudar.

Gústame ir á quincallería da pega, que ten de

todo no seu niño, e mais é moi simpática, e sabe

moitos contos...

Os días fóronse facendo máis longos e quentes,

e así como pasaban os días, así se ían facendo

máis amigos o esquío Pío e a andoriña Carmiña. Pío

ensináballe todos os misterios e as marabillas que

garda a fraga. Amosoulle pola mañá as arañeiras

que o orballo enchía de perlas, e as culleriñas das

ras que nadaban nas pozas que formaran as choivas

do inverno, e espertaron a píntega que dorme de

día e caza de noite, e que se enfadou moito co

esquío Pío, dicíndolle que se volvía molestala, diríallo

á súa nai.

Xa mediado o verán, un solpor, o merlo Ismael

anunciou un concerto da súa coral que foron escoitar

a maior parte dos habitantes da fraga. O merlo

acordou dar a función a carón dun gran penedo,

onde había un pequeno claro e que segundo el acadaba

as condicións necesarias de sonoridade. Os

paporroibos cantaban de tiples, e os corvos de baixos;

o peto tocaba a batería nunha árbore oca, e o

ferreiriño tocaba o triángulo. A estrela do espectá-

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!