19.04.2013 Views

Bolboreta - Barbantia

Bolboreta - Barbantia

Bolboreta - Barbantia

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

A COR DOS SOÑOS - O ESQUÍO ESQUÍO

PÍO E A ANDORIÑA CARMIÑA 19

O esquío Pío e a

andoriña Carmiña

Ramón Carredano Cobas

No lindeiro da fraga, vivía o esquío Pío.

A fraga era a súa casa, o seu refuxio, a súa

despensa. Na fraga non faltaba de nada: había

comida dabondo, estaban o seu niño, confortable e

quente, seu pai, súa nai, que o coidaban con agarimo,

e na espesura da fraga non entraba o miñato

para levalo con el. Na espesura da fraga non podía

voar o miñato, que precisaba espazos abertos para

abrir as súas grandes ás. Na fraga, o esquío Pío sentíase

seguro.

Algo estaba a cambiar nos últimos días na

fraga. Pío decatouse de que nos claros, onde o sol

chegaba sen o estorbo das pólas, a cor da herba era

cada vez máis verde, e cada día que pasaba cubríase

con máis margaridas de mil follas. Os salgueiros

que fixeran garda todo o inverno ao paso do río,

como soldados en formación, moi tesos, dereitos e

altos como garabullos, parecían espreguizarse

agora estirando as súas pólas nas que agromaban

puntiñas verdes coma se fosen medallas gañadas en

heroicas fazañas. Os nerviosos lagartos, que fuxían

a gran velocidade ante calquera alarma, saían a

tomar o sol que cada vez quentaba con máis forza

e facía os días máis longos. As xestas sacaron o

traxe de garda, e encheron a fraga de amarelos brillantes.

Chegaba a primavera, e o pai de Pío anunciou

un día:

-Pronto chegarán os nosos veciños, os veraneantes.

Aquilo si que era unha novidade, e Pío quixo

axiña saber máis.

-Quen son eses novos veciños?

O pai de Pío, a quen lle gustaba moito o suspense,

non quixo dar contestación clara ás preguntas

do seu fillo, e limitouse a dicir:

-Ten paciencia, saberalo ao seu debido tempo.

Se axexas a aba do tellado do pallar do señor

Domingo, verás chegar os novos veciños.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!