19.04.2013 Views

Bolboreta - Barbantia

Bolboreta - Barbantia

Bolboreta - Barbantia

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

46

Eu non sabía que era iso dos descansos. Quero

dicir, si o sabía, pero cazar descansos soábame

absurdo. E máis aínda se había que descansar no

recreo, que xusto era para todo o contrario, pensaba

eu. “Ven comigo”, dixo, e sentindo aínda o

burato do anel de dona Amelia no curuto da miña

testa, seguino por entre as herbas e as pedras do

solar. “Hai que ter coidado”, dixo en voz baixa e

con certo misterio; “cóllense pola cabeza, se non

pícanche”, advertiume, mentres se arrimaba cauteloso

a unha pedra máis ben grande. Eu, situado

detrás del, xa deducira que iso dos descansos tiña

que ser algún becho. Un saltón se cadra. Ós saltóns

aturábaos un pouco, sempre que non prenderan na

miña roupa ou nas miñas pernas. Pero se eran lesmas...

ás lesmas si que lle tiña medo e noxo. En

San Sebastián non había descansos, polo menos que

eu soubera. Tampouco saltóns, nin lesmas. Alí

había algunha formiga, as pombiñas no parque da

Igrexa da Sagrada Familia e as gaivotas que vivían

no tellado do Acuario.

Juan Antonio volteou a pedra e algo se remexeu

nas herbas húmidas que había debaixo. Ó primeiro

non o vin; tampouco sabía qué tiña que

mirar. Pero despois, cando a man destra e enmediada

do meu compañeiro xa tiña ben apreixado o

animal, vin claramente como unha serpe de sete

cuartas teimaba en ensarillarse pola súa man, que

el levantaba orgulloso para que puidese apreciar

ben aquel trofeo.

A COR DOS SOÑOS - CASTEJANO CASTEJANO

CALSONSILLOS DE LANA

Pero eu non tiña ningunha gana de pararme en

detalles. Así que saín escopeteado carpindo que

Juan Antonio tiña unha serpente, que Juan Antonio

tiña unha serpente enorme, e algúns dos rapaces

arrimáronse para ver o descanso e o cazador máis

de cerca. As nenas non, seguiron xogando ó seu,

aínda que Carmelita, que tivo a mala sorte de cruzarse

no meu camiño, chamoume Fernandete

Navarrete antes de que batera con ela e caera ó

chan. E a min pareceume que lle estivo ben, por

moito que as miñas tías lle fixeran aloumiños e

dixeran que mira que lista que é, e mira que grande

que está, e mira que algún día ha ser boticaria

e cousas así, cada vez que nos atopabamos con ela

e con súa nai.

Total, que carpindo a todo pulmón cheguei

sufocado á parte de atrás da escola, onde xogaban

os maiores. O malo foi que ninguén me fixo caso,

agás don Pepe, que me agarrou polo pescozo e preguntoume

que que eran eses berros, que a ver que

pasaba, que onde estaba esa tremenda anaconda

que tanto medo metía. E así me levou, collido polo

colo da camisa, ata o solar onde estivera antes e

polo que Juan Antonio paseaba agora tranquilamente

coas mans nos petos.

Don Pepe miroume, mirou a Juan Antonio,

debeu pensar que era todo unha broma de nenos e

largoume un lapote no pescozo dicindo “habíavos

de comer unha anaconda, había”, mentres mar-

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!