19.04.2013 Views

Bolboreta - Barbantia

Bolboreta - Barbantia

Bolboreta - Barbantia

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

106

e respondía evasivo: Moitos, moitos... Mais a xente,

indiscreta ela, sempre quere sabelo todo e non se

conforma cunha resposta calquera e teima en insistir:

-Veña, veña, non sexa vostede modesto e diga

cantos son eses moitos que di e-xac-ta-men-te.

E agora que, pensaba el? Ía confesar que xa

se esquecera, que perdera a conta. Non e non!

Non podía! A onde iría parar o seu creto, se cadra

milenario, de dragón? Arriscábase a dicir novecentos,

e serían dabondo ou máis ben ridículos

para un dragón adulto coma el? Canto tempo

pasara desde que, escachando a casca dun ovo

vermello, asomara as súas primeiras escamas ao

nacer? E, por certo, que esperanza media de vida

terían os dragóns?

E angustiado, bañado en suor da cabeza ao

rabo, espertaba pegando chimpos contra o teito da

cova.

E xa esperto tranquilizábase ao saber que non

era máis ca un soño. Pois, en realidade... canto

había que ninguén se achegaba xunto del! Iso, iso,

canto había que ninguén pasaba por alí? Cando fora

a derradeira vez que un cabaleiro destemido,

armado coa espada do valor, fora quen de enfrontarse

co alento aterrador “da súa boca de fresa”?

Pois o certo viña sendo que, como era normal nel,

tampouco o sabía.

A COR DOS SOÑOS - AVATAR AR E O DRAGÓN DRAGÓN

DESMEMORIADO

Ademais de preocuparse por atinar coas eras,

séculos, anos e primaveras do seu rabo, tamén lle

preocupaba algo tan fundamental, como saber que

caste de dragón era... sería un dragón palleiro ou

quizais era un auténtico dragón con pedigree? Esta

perda de identidade non o deixaba acougar nin un

momento. A busca da propia identidade era unha

cuestión crucial, de vida ou morte para el.

Como puidera esquecer quen era? Pasaralles

así, de non acordar nada, de esquecelo todo, aos

dragóns que van camiño de morrer...

De xeito que buscaba arreo dentro do seu

enorme e esquecedizo cabezón, as palabras que lle

devolveran sentido á súa vida. Oíaas retumbar,

como un trono distante e tentaba evocalas no labirinto

gris do seu cerebro, pronuncialas no xigantesco

abismo da súa boca.

E, desconsolado, choraba por non as atopar. O

único que sabía era que aquel terrible problema se

resolvía cunha palabra que comezaba polo T.

Había que velo a el, un dicionario de tres pisos

e ático, ir e vir dunha banda a outra da montaña,

chamando apenas na porta entreaberta da memoria.

Que se terapéutico, que terrorífico, que tibetano,

que se en tecnicolor... E todas acaíanlle ben a

un dragón por catálogo, aínda que non a el, un dragón,

que el mesmo intuía ser único, fóra do común.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!