19.04.2013 Views

Bolboreta - Barbantia

Bolboreta - Barbantia

Bolboreta - Barbantia

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

58

O venres, ó volver á casa, atopouse con que

Roi xa chegara. Maia era filla única e non estaba

acostumada a convivir con máis rapaces na mesma

casa, por iso, cando seus pais llo presentaron, sentiuse

fóra de lugar e sen saber o porqué, a súa timidez

volveu acrecentarse, a pesar de que dende que

chegara a Boiro, volvérase máis aberta e faladora.

Roi era bastante máis alto que Maia, a pesar de

que só tiña dezaseis anos, un máis ca ela. De cativo

perdera os pais nun accidente de tráfico e dende

aquela vivía con Amparo, a súa avoa paterna. De

súpeto, decatouse de que quedaran sos no salón.

-Canto tempo sen vernos… verdade? -comentou

Roi.

-Creo que a última vez que estiven contigo

debía ter… uns seis anos.

Houbo un pequeno silencio e logo continuou:

-Que che parece isto? Gústache Boiro?

De novo, non houbo resposta. Maia estaba

fronte a el, de pé e queda, paralizada por unha

mudez que a facía sentirse o ser máis pequeno e

insignificante do planeta. De súpeto, as súas pernas

reaccionaron e botou a correr escaleiras arriba

para pecharse no seu cuarto.

A COR DOS SOÑOS - BAIXO AIXO SOSPEITA

SOSPEIT

Á hora da cea, Maia non quixo baixar. Tiña vergoña

e sentíase mal polo acontecido co seu curmán.

Non sabía por que se tiña comportado daquel xeito

e seguramente agora Roi tería unha moi mala

impresión dela e non lle volvería falar. Entre estas

cavilacións negativas, que acotío circulaban polo

seu maxín, arrasando con todo o que atopaban ó

seu paso, caeu a noite e un aire frío comezou a

entrar no cuarto a través da porta da terraza. A

rapaza xa ía cerrala, cando lle pareceu escoitar

unhas voces que falaban moi baixiño… ou eran imaxinacións

súas? De súpeto, as voces convertéronse

en gargalladas máis fortes. Pero… de onde procedían?

Maia saíu ó exterior. Si, agora escoitábase todo

con claridade. Recoñeceu a Roi como un dos interlocutores,

pero non podía velo. Saíu ó exterior e

observou o xardín. Nada, e sen embargo oía as

voces como se as tivese ó lado… ou debaixo! Estirou

a parte superior do corpo todo o que puido por riba

da varanda da terraza para mirar cara abaixo e…

-Maia! -berrou Roi-. Ten coidado! Se caes…

-Houbo un pequeno silencio-. Non quero quedar

sen curmá xa o primeiro día.

-Onde estás? -preguntoulle con voz asustada.

-Aquí arriba -contestoulle animado.

Maia ergueu a vista. Alí, por riba do bordo do

tellado, sobresaía unha cabeza.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!