18.04.2013 Views

Reoim - OEI

Reoim - OEI

Reoim - OEI

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

LIBERANDO INCÓGNITAS

Hoxe hai unha importante reunión. A Raiña ten convocado ao comité de liberación e hai moita

expectación. Dende que dirixe o país, a Raíña leva feitos moitos cambios, non sempre ben

recibidos polos que antes tiñan o poder, que protestan: "Onde se viu un país coma este!, xa

non hai exército, hai comité de liberación de incógnitas!". E ameazan: "Temos que volver ao

de sempre, hai que derrocar a Raíña, non podemos perder incógnitas e caer nas mans dos

atrapadores de incógnitas".

As incógnitas son elementos moi importantes do país. Están gardadas con vixilancia especial.

Serven para resolver problemas. Nunca se sabe o que pode agochar unha incógnita, só cando

o problema está resolto libérase a incógnita descubríndose o seu valor. A incógnita máis

famosa é X, pero tamén hai Y, Z, a, b, c e outras raras que só se utilizan en certas ocasións.

Así de enrarecido está o ambiente. E aínda non saben o motivo polo que a Raíña ten

convocado ao comité de liberación!

Silencio, fala a Raíña:

"Meus queridos amigos e amigas, membros do comité de liberación: os atrapadores de

incógnitas queren poñernos a proba, esta é a mensaxe que acabo de recibir:

Onte procedemos a atrapar unha incógnita, témola retida seguindo o

procedemento habitual. Calquera intento de rescate pode dar lugar a que a

incógnita se precipite na cova das serpes e desapareza para sempre.

Anunciamos que a nosa intención é a de atrapar tódalas incógnitas que

podamos do voso país para así estar en condicións de resolver por nós

mesmos os problemas e ter o dominio. (Atrapadores de incógnitas)

Ante isto, queridos amigos e amigas, propóñovos actuar con sixilo e intelixencia. Tentaremos

rescatar a incógnita atrapada. Trátase de X. O primeiro é saber onde e como se atopa.

Enviarei especialistas a analizar a situación e mañá de novo reunirémonos para peparar o

rescate".

Esa noite un comando de especialistas obtivo imaxes de X. Efectivamente, estaba sobre a

cova das serpes, vixiada por sete guerreiros, dous ao seu carón e cinco enfronte. Todos en

equilibrio sobre a cova das serpes.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!