18.04.2013 Views

Reoim - OEI

Reoim - OEI

Reoim - OEI

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Ao día seguinte a Raiña reúne ao comité de liberación:

“ A situación é delicada pero sinxela, a un lado hai cinco guerreiros e ao outro a x con dous

guerreiros (5=x+2) . Necesitamos actuar con precisión e sincronizadamente nos dous lados.

Basta con eliminar a dous guerreiros a cada lado, despois rescátase X procedendo á súa

liberación e traendo retidos aos tres guerreiros aos que equivale. O rescate será esta noite”.

Chegada a noite o plan desenvolveuse coa precisión que pedía a Raíña: a incógnita foi devolta

ao seu recinto e os tres guerreiros inimigos postos á súa disposición.

Despois deste acontecemento a Raíña chamou a sabios de todo o mundo. Foron varios días de

reunións, discusións e estudos. Agora a Raíña driríxese a tódolos habitantes do país nunha

convocatoria extraordinaria que se espera con moita espectación.

"Queridos amigos e amigas -comeza a falar a Raíña- teño que comunicarvos unha importante

decisión. É froito de profundas reflexións de toda a comunidade de sabios e levará a cambios

moi importantes que mellorarán as condicións de vida e a formación de todos os habitantes do

país. A decisión que tomei é que TODOS VOS CONVIRTADES EN LIBERADORES DE

INCÓGNITAS. A tarefa non será doada, é necesario prepararse a fondo. Contratarei a sabios e

estudosos que nos formarán na arte de liberar incógnitas. A medida que vaiamos aprendendo

usaremos técnicas e utensilios máis complicados. A próxima semana comenzará a formación

para tódolos os habitantes que o desexen, que espero sexa a maioría de todos vós".

E así foi, o chamamento da Raíña foi seguido por habitantes de todas as idades.

Despois de varios días de preparativos comezou a formación.

Un mes despois a Raíña visita as salas de aprendizaxe.

“Maxestade, esta é a sala de 1º grao, aquí están os principiantes que aprenden a liberar as

incógnitas tratando de que quede soa a un lado da balanza mantendo o equilibrio. Pode ver

como agora a un lado da balanza hai dous lilís (elementos de liberación) e ao outro está a x

acompañada dun lilí suxeito a un globo que tira del e da balanza para arriba (2=x-1). Observe

como con coidado colocan un lilí a cada lado da balanza e así a un lado quedan tres lilís e ao

outro queda soa a x pois os dous lilís anuláronse. A x está liberada e o seu valor é 3”.

Satisfeita a Raíña prosegue o percorrido. Entran nunha sala ampla onde hai cadrados de varios

tamaños, lilís e globos polo chan. O ambiente é moi serio. A incógnita X está atrapada

elevada ao cadrado, hai ademais outras cinco X cada unha delas colgada dun globo que as

empuxa para riba pero aferránse ao bambán, ademais hai seis lilís. Ao outro lado da balanza,

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!