11.05.2013 Views

Antonio Salgado Rosa Manuel Mariño Castro ... - Eixo Atlantico

Antonio Salgado Rosa Manuel Mariño Castro ... - Eixo Atlantico

Antonio Salgado Rosa Manuel Mariño Castro ... - Eixo Atlantico

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

O Servicio de Vixiancia Aduaneira, dependente do Ministerio de

Economía e Facenda, pode actuar en calidade de policía xudicial xenérica

non específica, na represión do tráfico de drogas e doutros xéneros de contrabando

Así pois, o Estado unitario (non centralista) que se define na

Constitución española, conta con dúas organizacións policiais que exercen

en todo o territorio do Estado, como son o Corpo Nacional de Policía

e o Corpo da Garda Civil. Mentres, o ámbito de actuación das Policías

Autónomas ou Locais, é o específico da súa Comunidade ou Municipio,

respectivamente.

Tódolos Corpos policiais sinalados gozan da consideración de

Institutos Armados, co matiz de seren de natureza civil a excepción do

da Garda Civil que é de natureza e estructura militar. Son tamén institucións

nas que os princípios de xerarquía e subordinación, rexen a súa organizaciòn.

Lóxicamente o Servicio de Vixiancia Aduaneira e os Vixiantes

de seguridade privada, non teñen a consideración de Forzas de

Seguridade, aínda que de cotío colaboren con éstas.

¿Cómo se coordina o múltiple espectro policial español?. Soamente

unha norma de rango orgánico, desenvolvendo o artigo 104 da

Constitución, pode artellar esta realidade. A referida lei non é outra que a

2/1986, de 13 de marzo, de Forzas e Corpos de Seguridade. No apartado

segundo do devandito artigo constitucional, definese o contido da lei: as

funcións, principios básicos de actuación e os estatutos das Forzas e

Corpos de seguridade.

A lei 2/1986 da que estamos a falar, dispón no seu Artigo primeiro que

a seguridade pública é de competencia exclusiva do Estado, e que o seu

mantemento corresponde ó Goberno da Nación. Admite a participación

das Comunidades Autónomas nesta misión, o mesmo que o auxilio das

Corporacións Locais.

No Artigo segundo sinálase que son Forzas e Corpos de Seguridade os

do Estado dependentes do Goberno da Nación, os Corpos de Policía vinculados

ás Comunidades Autónomas e os das Corporacións Locais, excluíndose

polo tanto calquera outro

O MODELO DE POLICÍA LOCAL EN ESPAÑA

29

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!