11.05.2013 Views

Antonio Salgado Rosa Manuel Mariño Castro ... - Eixo Atlantico

Antonio Salgado Rosa Manuel Mariño Castro ... - Eixo Atlantico

Antonio Salgado Rosa Manuel Mariño Castro ... - Eixo Atlantico

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

O MODELO DE POLICÍA LOCAL EN ESPAÑA

32

auxiliados por funcionarios expertos en técnicas de policía científica (

Policía Técnico de Proximidade- PTP). O PPP pode solicita-la axuda

doutros PPPs , dotacións de coches radio-patrulla, ou de unidades numericamente

máis importantes (transportadas en coches tipo “combis”, e

incluso unidades de reacción e resposta).

O PPP traballa individualmente, sendo responsable dun subsector do

MIP no que está integrado, non subordinándose a un horario determinado,

senón ás necesidades do seu barrio ( comercial, residencial....).

Constitúe a peza fundamental do Programa Policía 2000, converténdose

no elemento policial máis solicitado pola sociedade española, circunstancia

que deu lugar que nas enquisas do Centro de Investigación

Sociolóxicas, sexa considerado o Corpo Nacional de Policía como a institución

mellor valorada do Estado, despois da Coroa.

O programa devandito, na súa segunda fase, recupera as tarefas de

especialización da policía, recorrendo a modelos supraterritoriais que permiten

a organización de unidades policiais en ámbitos que superan as

fronteiras dos MIPs, garantindo a loita contra a delincuencia violenta,

organizada, ou especializada, creándose a tal fin unidades policiais formadas

por investigadores especializados, organizados nas UDYCO (

Unidades de Drogas e Crimen Organizado), as UDEV ( Unidades de

Delitos Especiais e Violentos), e as UCRIF (Unidades Contra as Redes

de Inmigración e Falsificación de Documentos ).

Pódese dicir que o Programa Policía 2000 posto en marcha pola

Dirección Xeral da Policía, supón o punto máis alto dun modelo de policía

comunitaria e especializada, ó servicio dos cidadáns e das democracias,

que fai sobrancea-lo prestixio do Corpo Nacional de Policía ata niveis ós

que endexamais antes chegara, traducidos no recoñecemento dos cidadáns,

que veñen premiando de cotío o labor policial, e que agora mesmo

se ve popularizada por medio de exitosas series de televisión, que gozan de

ampla audiencia (Policías, El Comisario...etc.).

O modelo español sigue evoluíndo na actualidade, non esquecendo a

realidade da súa inclusión na Europa comunitaria e no Grupo de

Schengen, participando plenamente nas institucións europeas como

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!