25.04.2013 Views

Descarga en formato PDF (6 MB) - Centro Ramón Piñeiro para a ...

Descarga en formato PDF (6 MB) - Centro Ramón Piñeiro para a ...

Descarga en formato PDF (6 MB) - Centro Ramón Piñeiro para a ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

O federalismo de concertación e o exercicio da democracia en Canadá

125

Como era previsible, Lévesque estivo de acordo coa suxestión de

Trudeau. Isto foi interpretado polos outros membros do Grupo dos oito

como unha deserción de Quebec, dado que se opuñan a tal posibilidade. A

coalición provincial rachou e o resto da historia é ben coñecida, 257 o referendo

canadense nunca se celebrou, todos os primeiros ministros, agás Lévesque,

aceptaron o acordo e o rexeitamento tivo lugar pouco tempo despois. O feito

de que as negociacións entre os dirixentes federais e os provinciais tivesen

lugar a porta pechada suscitou un gran descontento entre a cidadanía e os

grupos, sobre todo, entre os dirixentes autóctonos, que sentían que tal falta

de transparencia minaba o proceso democrático, o que non lle impediu a

Ottawa proceder ao rexeitamento. O goberno central contribuíu a desacreditar

o federalismo de concertación como fonte política, dado que os deputados

electos federais ameazaron con se dirixir directamente aos canadenses, antes

que invitar os dirixentes provinciais a actuaren como intermediarios coa súa

poboación.

Durante este intenso período de negociacións constitucionais, as

elites políticas canadenses xogaron á ruleta rusa coas prácticas federais

establecidas. Con frecuencia, eludiron as normas convencionais que alimentan

o federalismo de concertación. Este proceso contribuíu a illar a Quebec con

respecto aos outros Estados membro da federación canadense. A fenda

que separara a Quebec das outras provincias acentuouse e tivo maiores

repercusións para Quebec durante as negociacións constitucionais en torno

aos proxectos de acordo do lago Meech (1987-1990) e de Charlottetown

(1992).

Co obxecto de idear unha política de reparación para incluír a Quebec

no paraugas constitucional, o primeiro ministro Brian Mulronye lanzou

unha campaña política que lle permitise a Quebec volver con “honor e

entusiasmo”. Isto levou á sinatura do Acordo do lago Meech en 1987 por

parte de todos os primeiros ministros de Canadá, reiniciando a concepción

de federalismo de concertación en materia de asuntos intergobernamentais.

Os dirixentes políticos actuaron como representantes do pobo, como sempre

o fixeran, en materia constitucional. Con todo, os dirixentes subestimaran a

257 Véxase, entre outros, Alain-G. Gagnon, “Québec-Canada; circonvolutions constitutionnelles”

en Alain-G. Gagnon, (dir.), Québec: État et société, tomo 1, Montreal, Québec Amérique,

1994, pp. 85-106.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!