25.04.2013 Views

Descarga en formato PDF (6 MB) - Centro Ramón Piñeiro para a ...

Descarga en formato PDF (6 MB) - Centro Ramón Piñeiro para a ...

Descarga en formato PDF (6 MB) - Centro Ramón Piñeiro para a ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Os efectos do nacionalismo maioritario en Canadá

157

de declarar as súas intencións e xustificar as súas accións ante a institución

central. Os efectos do nacionalismo maioritario poden producirse de forma

indirecta, pero o certo é que a institución central decide en ámbitos de

competencia exclusiva das provincias. 319

En terceiro lugar, como sinalan Rainer Knopff e Fred Morton, o goberno

federal atópase nunha situación na que sempre sae gañando. Por un lado,

se as provincias perden ante o Tribunal Supremo, redúcese a diversidade

provincial e instáurase un marco uniforme para as iniciativas políticas que

propoñan as provincias; por outro, se é o goberno federal o que perde, sae

gañando unha institución central —un aparato xudicial federal que interpreta

a Carta federal dos dereitos— e así a instancia deliberativa cobre todo o

país. Para o goberno federal unha causa perdida non é máis que unha causa

perdida, pero no caso das provincias limita enormemente a súa capacidade

para poder experimentar políticas no ámbito das súas competencias e

adaptalas ás necesidades particulares da súa poboación. O sentimento dos

canadenses como posuidores de dereitos non territoriais refórzase cada

vez que o Supremo ten que intervir para resolver litixios relacionados coa

Carta. Iso proporciónalle ao goberno federal un arsenal xurídico para futuros

conflitos coas provincias. 320 ¿Que sucede coa diversidade e a determinación

rexionais que representan as bases do federalismo? A Carta, unha vez máis,

deixa de ser un documento de tendencia federal con consecuencias moito

máis nefastas para as provincias cando perden os casos que para o goberno

federal cando é el o que os perde.

Finalmente, se o obxectivo consiste en afirmar que o artigo 1 é un

reclamo da diversidade federal, a Carta resulta redundante. Tal e como

indican Rainer Knopff e Fred Morton, se a diversidade fose o único criterio

de carácter razoable na práctica podería anular a Carta. O problema pódese

319 Trátase dun razoamento similar ao que alimentou a popularidade en Canadá agás Quebec

da Lei sobre a claridade referendaria ( Loi sur la clarté référendaire) que foi aprobada

por Ottawa o 29 de xuño de 2000: “¡Facede o que queirades, pero nós (unha institución

central e pancanadense) teremos a última palabra!”. Para máis información sobre esta

lei véxase Daniel Turp, La nation bâillonnée. Le plan ou l’offensive d’Ottawa contre le

Québec, Montreal, VLB Éditeur, 2000. Para ter máis detalles sobre este episodio véxase

máis abaixo.

320 Rainer Knopff e Fred Morton, “Nation-Building and the Canadian Charter of Rights and

Freedoms”, en Alan Cairns e Cynthia Williams, (dir.), Constitutionalims, Citizenship and

Society in Canada, Toronto, University of Toronto Press, 1985, p.149.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!