16.05.2013 Views

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Número 68

22 de novembro de 2010

Vaiamos, se lles parece, ao realismo que vostedes refiren

especialmente aos ingresos. E, mire, cando imos ao apartado

de ingresos dos orzamentos, vemos ben ás claras cal é a orientación

ideolóxica do seu Goberno e cal é a motivación ideolóxica

tamén dos recortes que vostedes aplican. Desde logo,

alén da negativa evolución dos ingresos tributarios aos que

logo me referirei, é unha causa claramente ideolóxica que

explica que é máis das tres cuartas partes no axuste do estado

de gastos; un dogma que non é privativo seu, que vostedes

comparten con outros grupos, como é a limitación do endebedamento.

No ano 2010 a Xunta recorreu ao endebedamento

por importe de 2.047 millóns de euros; no ano 2011 este

recurso recórtase en 902,8 millóns, só poderán endebedarse

por importe de 1.144,9 millóns de euros. ¿Cal é a causa desta

limitación? A causa é, nin máis nin menos, que vostede votou

a favor no Consello de Política Fiscal e Financeira desta limitación

de endebedamento proposta polo Goberno español

máis alá mesmo do que establece a Lei de estabilidade orzamental.

E fíxoo en coherencia coas teses do seu partido, coas

teses do Partido Popular, que considera insuficientes os recortes

que está a aplicar o Goberno de Zapatero e que reclama

que por lei se poña un límite de gasto ás comunidades autónomas.

O resto do recorte, até os 1.177 millóns de euros, responde

á deliberada atonía dos recursos dos tributos propios e

ao resultado negativo dese sistema de financiamento que vostede

tamén asinou. Porque vostede apoiou ese sistema co

argumento de que, ao parecer, aportaba máis recursos a Galiza,

máis recursos que logo neste orzamento non aparecen, e

que, a pesar desta drástica limitación da capacidade de endebedamento

que vostedes compensan endebedándonos aínda

máis a través desas parcerías, desas concesións privadas de

hospitais, de obras públicas e de centros de saúde, vostede

renuncia a exercer as súas competencias normativas –que as

ten– sobre os tributos galegos. Ben ao contrario, vostede deixa

que o balance recadatorio vaia mirrando pouco a pouco, e só

actúa marxinalmente sobre a distribución da carga tributaria,

e actúa para que esa distribución sexa cada vez máis inxusta,

sempre a favor dos que máis que teñen.

Poreille algúns exemplos. Nestes agasallos fiscais aos

máis ricos, temos que citar, en primeiro lugar, as sucesivas

modificacións do imposto sobre transmisións patrimoniais e

actos xurídicos documentados; unhas desgravacións que

facilitan a adquisición de primeiras, segundas e ulteriores

vivendas sen lle pór límite ao prezo das mesmas e sen atender

tampouco ao rendemento dos seus beneficiarios.

17

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

Vostedes din: o tributo vai ben; esta desgravación ten

efectos positivos. Ten efectos positivos, efectivamente, para

as construtoras, non os ten para a maioría dos galegos e das

galegas, que seguen vendo imposible acceder a unha vivenda

digna. Aí se insire tamén, en contra da promesa do seu

xefe, a introdución de dous novos tributos sobre a auga: un

tributo sobre o uso e outro sobre o coeficiente de vertedura.

Dixera o seu xefe: non imos establecer máis impostos. Aquilo

de “lean os meus labios: non máis impostos”; agora temos

un imposto máis, iso si, un imposto que van pagar todos os

galegos, especialmente os das zonas rurais, con independencia

de cal sexa a súa capacidade económica; unha reforma

impositiva regresiva similar ao incremento do IVE realizado

polo Goberno español.

E nesta concepción regresiva da fiscalidade enmárcanse

tamén outros beneficios fiscais, o que chaman vostedes

“desgravacións fiscais selectivas”, que chamaba o meu compañeiro

Fernando Blanco máis ben “selectas” por quen son

os seus beneficiarios; por exemplo, aquelas que se dirixen a

quen invista no capital de empresas que non existen. Vostedes

contemplan nos orzamentos unha desgravación fiscal

para quen invista no capital de empresas cotizadas no Mercado

Alternativo Bursátil. Neste momento en Galiza, que

nós saibamos, só hai unha empresa, unha, que ten intención

de cotizar nese Mercado Alternativo Bursátil. A non ser que

vostedes se estean referindo ás máis de 3.000 sociedades de

investimento colectivo, ás máis de 3.000 Sicav, que si están

cotizando neste Mercado Alternativo Bursátil, entre as que

hai algunhas galegas. Porque, claro, se vostedes o que fan é

meter nos orzamentos unha desgravación para favorecer as

Sicav, que, que nós saibamos, non crean nin emprego nin

actividade económica en Galiza, eu creo que queda ben ás

claras cales son as súas intencións.

E terá que explicarnos tamén, falando dos ingresos,

señora conselleira –acaba de prometer 10.000 novos empregos

como consecuencia dese concurso eólico–, como é que

tendo aí a adxudicación de 2.400 megavatios eólicos, se

reduzan neste orzamento nun 8% as previsións de recadación

do canon eólico a respecto das previsións iniciais do

ano 2010. Acaban de adxudicar máis megavatios e reducen

a recadación do canon eólico. Terá tamén que nolo explicar;

porque, desde logo, a maioría dos galegos isto non o entenden.

Non aparecen por ningún lugar os 1.000 millóns de

euros que seica din que van recadar coa adxudicación do

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!