16.05.2013 Views

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

podería apenas investir nada. Así o aforro corrente desplómase

desde o ano 2009. Se descontamos o efecto da caída no

nivel salarial dos funcionarios públicos, ese aforro estaría

próximo a cero, o que evidencia o rendemento nulo das políticas

de austeridade. Pero tamén hai un problema a medio e

longo prazo polo aumento da débeda e a sobredimensión e

incorrecta orientación do financiamento privado, non só porque

continúa aumentando a débeda pública formalizada

senón porque a isto hai que engadirlle a devolución de anticipos

á Administración xeral do Estado e a débeda encuberta

do financiamento público privado para investimentos, en

caso de que isto se realice. Por dar só un dato, a cada familia

galega, vaille corresponder ao final do mandato unha

débeda da orde de 10.000 euros ao remate da lexislatura en

tres cuartas partes xerada durante o seu período de goberno.

Dez mil euros que teñen que ser pagados, porque a débeda,

ao final, hai que pagala, e pódese pagar con crecemento,

pero, se non hai crecemento, terán vostedes que atopar outra

fórmula, e non pode ser outra que a subida de impostos.

¿Que propoñemos, por tanto, dende o Grupo Socialista

nesta situación? Pois establecer prioridades adaptadas á conxuntura:

non se me ocorren outras que o emprego e os servizos

básicos e reflectilas no orzamento; ter ambición, ademais,

na política de ingresos para dispor dos recursos precisos

para desenvolver estas políticas. Sabemos que é posible

organizar doutra maneira o orzamento, e demostrámolo

cambiando máis de 500 millóns de euros, movendo máis de

500 millóns de euros, e establecendo xustamente os recursos

precisos para estas prioridades.

A previsión de ingresos nos tributos propios ou cedidos

está por debaixo do razoable. Esta falta de ambición da

Xunta de Galicia só se xustifica cunha estratexia preventiva

para poder pechar o orzamento sen dificultades, facilitando

a xestión das contas, pero ten custos serios en termos de

oportunidades sociais perdidas; unha lóxica contable que

prexudica notablemente os cidadáns. Xa o diciamos o ano

pasado, e os documentos da propia Xunta de Galicia parecen

darnos a razón. Na memoria deste ano do orzamento indícase

que a evolución da recadación é moito mellor que as previsións

efectuadas, e indícase tamén que a isto hai que

sumarlle, cando menos, 70 millóns adicionais derivados de

melloras na xestión. O curioso é que con este recoñecemento

e esta previsión se volve incorrer no mesmo erro neste

exercicio. En sucesións, por exemplo, as previsións de

Número 68

22 de novembro de 2010

ingresos para o 2011 son inferiores aos dereitos recoñecidos

nos seus primeiros meses do 2010. Non nos parece unha

estratexia sensata; non nos parece cando, ademais, se publicita

a axencia tributaria, que se crea a través da Lei de acompañamento

–que veremos mañá–, e que debería favorecer,

por tanto, unha maior recadación. Saben vostedes da nosa

insistencia en arrancar un compromiso ao Goberno galego

de priorizar o combate contra a fraude fiscal, unha insistencia

que levou a votacións neste Pleno, votacións en contra

por parte do Grupo Popular con argumentos estraños sobre a

súa inoportunidade en tempos de crise. Chama poderosamente

a atención que a creación da Axencia Tributaria non

suscite ningún sobresalto na estimación de ingresos; ao contrario

que esta siga sendo inferior ao razoable. É a mellor

demostración de que se trata dunha operación de márketing

á que non se lle quere dar contido no ano 2011. Pero a nosa

aposta é radicalmente diferente, e verémolo mañá á hora de

discutir a Lei de acompañamento.

Por outro lado, propoñemos unha modificación nos tipos

a aplicar nos tramos máis altos do IRPF que terá o seu correlato

na correspondente modificación da Lei de medidas fiscais

e administrativas. Esta iniciativa pretende equilibrar o

reparto da carga fiscal da crise. Os sectores sociais máis

débiles son, sen dúbida, os máis afectados polos axustes nos

gastos. Por este motivo, o noso grupo cre que para garantir a

cohesión social e a solidariedade, mentres se reinicia a

modernización de Galicia, é o momento de utilizar a nosa

autonomía fiscal para acadar máis recursos; algo que nos

colocaría en sintonía con outras comunidades autónomas.

Galicia está –e vostedes sábeno perfectamente– entre as

áreas de menor tributación relativa. Hoxe estamos nunha

situación de emerxencia fiscal, da que este orzamento é unha

proba clarísima. Deixen a estratexia de ilusionismo fiscal de

curto percorrido e acepten a necesidade de actuar tamén

sobre os ingresos para ter unha facenda máis sostible e un

reparto dos custos da crise máis equitativo.

Pero os ingresos necesarios para financiar as actuacións

propostas proceden tamén de actuar con decisión sobre os

gatos correntes non eficaces e sobre algúns gastos de investimento.

A redución de gatos, por exemplo, en investimentos

inmateriais e en partidas non eficientes permite liberar

importantes recursos. Eu creo que este orzamento 2011 non

traduce suficientemente o carácter excepcional da situación

orzamentaria. Se utilizamos a clasificación funcional do

60

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!