16.05.2013 Views

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Número 68

22 de novembro de 2010

temente, os recursos que van pagar ese endebedamento non

se invisten no tecido social, nas pequenas e medianas empresas,

nin sequera nas grandes empresas que cotizan en bolsa.

Ese endebedamento que vacía os mercados de máis cartos,

evidentemente, leva a un menor nivel de investimento, e,

polo tanto, a hai máis paro e a unha caída aínda maior do

consumo.

Evidentemente, nós consideramos que, dentro das marxes

que marca a Unión Europea e os acordos que España asinou

coa Unión Europea, hai que ir ao endebedamento, nin

máis nin menos que esa é a cuestión. Evidentemente, non

debemos de endebedarnos máis para cumprir cos acordos, e

tampouco menos, porque, entón, os custos do endebedamento

dos demais os sufrimos nós sen beneficiarnos das

vantaxes que dá o propio endebedamento. En definitiva,

como novela, como ficción, estaría ben, pero realmente

pouco congruente co mundo que hai aí fóra.

As do Partido Socialista, ademais de incongruentes, son

fondamente inverosímiles, carecen mesmo desa verosimilitude

estética de esquerdas da que falaba Ortega en relación

coas novelas. Permítanme que lles saliente algunhas das

incongruencias que nós vimos nas emendas presentadas polo

Grupo Socialista. A primeira que presentan, con relación aos

ingresos, o que pide é directamente que suprimamos do

orzamento 242,65 millóns de euros correspondentes ao

Fondo de Cooperación. Inmediatamente comezan a pedir

máis ingresos, por exemplo, 145 por tributos propios, 25 por

impostos sobre a renda –por certo, os mesmos que pide o

Bloque, pero con tipos distintos, o cal lle dá a razón á conselleira

cando di que, realmente, con eses escalóns que puxeron,

é imposible calcular canto ía ser a recadación– e 28

máis en ingresos patrimoniais, por exemplo, por venda de

solares do IGVS nun momento en que xa sabemos que o

mercado inmobiliario está boiante. Total, 198 millóns de

euros. A continuación, o que cabía esperar é que eses 198

millóns de euros fosen para substituír o gasto da Xunta polos

242 millóns de euros que din que hai que suprimir do orzamento,

pero non o fan, non fan iso; ao revés, seguen metendo...

Claro, pero, entón, sacan 242 e meten 198, pero, ao

mesmo tempo, en gastos poñen 51 máis para educación, 165

máis para sanidade, 49 para benestar e vivenda, 56 para políticas

activas de emprego. Total, 321 millóns de euros. Se

vostedes a recadación adicional a dedican ou ben a suplir o

Fondo de Cooperación ou ben a amortizar débeda, xa que

69

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

están tan preocupados polo crecemento da débeda pública de

Galicia, un podería ver certa congruencia interna no discurso.

Pero non, ¿que é o que fan? Á parte de que son os únicos

que non defenden que teñamos dereito ao Fondo de Cooperación

e veñen aquí anunciar decisións que aínda non están

adoptadas... E, de feito, imos ter dentro de pouco un consello

de política fiscal e financeira e quero lembrar que se nos

queren descontar 242 millóns de euros por unha débeda, que

era do ano 2008, de 111 millóns de euros; é dicir, que pagar

unha débeda de 111 millóns con 242, evidentemente, as contas

non lles darían.

Pero, en todo caso, se eses cartos non existen e vostedes

teñen máis ingresos, un cabería esperar, nesa lóxica, que

substituíran unha cousa pola outra. Non só non o fan, senón

que incrementan en 321 millóns de euros o gasto. É dicir,

volvemos ao de sempre, aos orzamentos do 2008 ou do

2009. O peche do exercicio de contabilidade nacional da

Xunta para o 2009 confirmou o famoso burato de 2.200

millóns de euros, que vén de orzar por riba do que se ingresa

e de presupostar gastos que non teñen cobertura orzamentaria.

Evidentemente, nós a iso non imos ir.

Pero, ademais de ser incongruentes, ademais de carecer

desa inverosimilitude interna, son incongruentes co mundo

externo. Esta mañá xa se dixo: critican as PPP para a sanidade,

cando: “La ministra de Sanidad, Trinidad Jiménez,

felicitó al Gobierno de Baleares por el extraordinario hospital

de Son Espases, en Mallorca. Es un ejemplo” –entrecomilñado,

no periódico–... “Es un ejemplo –dijo en una

visita a las instalaciones– del magnífico nivel de excelencia

del sistema nacional de salud y del compromiso con la sanidad

pública”. Ben, vostedes seguen convocando manifestacións

e participando en manifestacións contra o que fan os

socialistas en Baleares. (Aplausos.)

Segunda incongruencia. Están todo o día meténdose con

que reducimos o gasto. Mire o que di o Libro amarelo dos

orzamentos do Estado, di: “La distribución del gasto autonómico”

–é o deste ano– “analizada confirma que, pese al

carácter eminentemente social de los presupuestos autonómicos,

todavía existe un margen para que las comunidades

autónomas contribuyan al proceso de consolidación fiscal

–recorte ás comunidades autónomas–” confirmado la semana

pasada por el señor Carlos Ocaña, secretario de Estado

de Hacienda”. Dixo literalmente –entrecomiñado–: “De la

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!