16.05.2013 Views

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

expansión coincidente co Goberno progresista foron xa eliminados,

e o peor parece estar por chegar, sobre todo para os

xoves que afrontan a difícil incorporación ao mercado laboral.

E sen recuperación laboral non haberá recuperación

demográfica, nin pola vía da emigración nin pola vía da

natalidade. Xustamente a resposta malthusiana é a resposta

privada ao escaso dinamismo económico. E o dinamismo do

mercado de traballo é unha condición necesaria, nunca suficiente,

para a recuperación poboacional.

Para completar este panorama rapidamente, está a difícil

cuestión da sustentabilidade das finanzas públicas. A caída

dos fondos europeos despois do 2003 –vostede sabe perfectamente

que representan case 400 millóns de euros neste

orzamento– e a difícil situación, a difícil conxuntura que ten

a Facenda española van comprometer adicionalmente a

capacidade de investimento da Xunta de Galicia. Por iso hai

que saber concentrarse no esencial, impulsar unha efectiva

política de austeridade, descoñecida ata o de agora, e de procura

da calidade e da eficiencia nas decisións públicas.

Sobre todo se queremos –e nós queremos– completar a construción

dun sistema de benestar digno dese nome, que preserve

e mellore o noso modelo social e que reduza o risco

individual diante das continxencias da vida, aumente a cohesión

social e a igualdade de oportunidades.

É un tempo de austeridade –dicíase antes, nós compartímolo–

pero tamén é un tempo de liderado, de procura da eficiencia,

de reforzamento das complicidades sociais e políticas,

de pensar de verdade no longo prazo, de aplicar a inventiva

para atopar en cada problema unha oportunidade e de

facer cambios no modelo de organización socioeconómica,

que sen custos excesivos melloran a eficiencia da nosa organización

social, da nosa organización económica.

Se este é o meu diagnóstico entenderán vostedes que

estea ben preocupado polos orzamentos do ano 2011. Porque

non responden a estes retos, porque non están en consonancia

co diagnóstico da situación que acabamos de esbozar.

Desde logo, o que non hai que facer é optar pola pasividade.

É unha manifesta irresponsabilidade desde a privilexiada

atalaia da Xunta de Galicia comentar as xogadas como unha

afeccionado máis en vez de utilizar todas as bazas para gañar

o partido. No curto prazo hai que atender ás urxencias da

situación, tendo claro sempre que o norte é incrementar a

eficiencia con equilibrio social.

Número 68

22 de novembro de 2010

A Xunta de Galicia ten as competencias plenas para

poder actuar sobre os factores produtivos e que estes sexan

máis eficientes. E ten as competencias plenas para en políticas

sociais garantir o equilibrio. Imos ver se o fai ou non este

orzamento.

Empecemos xustamente polo mercado de traballo. Pasamos

dunha previsión de gasto no ano 2009 de 421 millóns a

354 tan só no ano 2011, pero este recorte aplícase sobre un

número de desempregados crecente. Aínda máis, se temos

en conta que estas políticas están financiadas, primeiro, por

transferencias do Goberno de España e, despois, polo Fondo

Social Europeo, podemos coñecer o esforzo específico que

fai cos seus recursos a Xunta de Galicia. Pois ben, desde o

ano 2009 o esforzo específico da Xunta de Galicia en políticas

activas de emprego reduciuse un 40 %, e o esforzo por

desempregado reduciuse a menos do 30 % –non un 30 %,

non, a menos dun 30 %– do que existía no ano 2009. ¿Queren

dicirme vostedes que están facendo unha política que ten

en conta o principal problema que preocupa aos cidadáns,

que é o problema do desemprego? Simplemente os datos

indican todo o contrario. E iso é xustamente o que, nun

documento que fixeron público recentemente avaliando os

orzamentos do ano 2011, os sindicatos Comisións e UXT lle

dicían clara e rotundamente á sociedade.

Pero ao mellor estamos buscando mal, ao mellor a acción

política da Xunta de Galicia orientouse noutra dirección,

para prestar apoio a sectores produtivos específicos, para

axudar ao sector primario en dificultades, a moitas ramas

industriais que están nunha conxuntura adversa, ás industrias

auxiliares da construción. O orzamento do 2011 dános

tamén unha resposta negativa, pois os programas de apoio

público aos sectores produtivos e de desenvolvemento

empresarial descenden masivamente 208 millóns de euros,

destacando algúns programas, como a caída de infraestruturas,

equipamento no medio rural ou a fixación da poboación

no medio rural.

Pero ao mellor buscamos mal e as prioridades están na

sociedade do coñecemento. Pero o orzamento do ano 2011

dános de novo unha resposta negativa, unha redución do 27

% no Plan galego de I+D+i. Galicia cae desa fronteira simbólica

do 1 % do PIB que superara en 2008, mentres continúa

o esforzo incrementado en termos públicos do conxunto

de España en relación co PIB.

58

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!