03.12.2012 Views

REVISTA DIAPENTE Nº 1

REVISTA DIAPENTE Nº 1

REVISTA DIAPENTE Nº 1

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Nº 1 REVISTA DIAPENTE. CONSERVATORIO SUPERIOR DE MUSICA DE VIGO. ABRIL 2011

web: http://www.diapente.es/ Email: cmus.vigo@edu.xunta.es

repertorio do grupo 4 , sendo algo totalmente secundario. Era complicado atopar a xente que

quixera aprender música tradicional por mera satisfacción persoal. 5

Antes da aparición dos citados centros de ensino, como antes indicamos, a

aprendizaxe era totalmente autodidacta, tendo como principal fonte de información a

observación dos tamborileiros e bombeiros veteranos. Isto é o que caracteriza en parte o

carácter improvisatorio da percusión na música tradicional, xa que non tiñan necesidade de

preguntarse por qué unha muiñeira se toca dunha maneira determinada ou por qué meter un

redobre nunha parte ou noutra, aparte de que non tiñan unha técnica envexable como para

facer cousas mellores. O que se busca é ir co son das gaitas e moldear a rítmica dunha

maneira espontánea. Aquí é onde se distingue un bo de un mal percusionista.

O que me potenciou a facer este traballo é a curiosidade por saber se existe una

variación nos patróns rítmicos da nosa música ou se ao contrario, seguen sendo os mesmos

que a comezos do século XX. Outro aditivo tamén e poder facer un acercamento á maneira

de tocar dos percusionistas máis representativos da música galega.

OBXECTIVOS

O obxectivo principal é mostrar a maneira de tocar na percusión tradicional galega

no século XX, ata lograr reducir os patróns rítmicos observados a un único patrón, se fose

posible, que nos marque a esencia ou modelo do ritmo tradicional a estudar.

Tomaríamos como inicio intentar escoitar a maneira máis primitiva posible de

interpretación na música tradicional, pero ao non ser posible colleríamos as primeiras

gravacións das que dispoñemos, a comezos do século XX, para logo intentar mostrar

diversas maneiras de interpretación ata chegar á técnica empregada nos nosos días.

Aínda que é imposible trazar unha evolución, o que pretendemos e mostrar

diferentes formas de interpretar e demostrar que hai patróns comúns na nosa música

independentemente da evolución técnica.

De esta maneira, calquera que se inicie no estudo da percusión tradicional, terá

unha referencia. E do mesmo modo, calquera intérprete actual que lle interese saber de que

maneira se tocaba a principios de século, ou cales eran os patróns rítmicos empregados, teña

un lugar onde consultalo, xa que hoxe en día por desgraza non dispoñemos de ningunha

publicación que nos aporte algo sobre o tema, máis alá de simples exercicios de técnica.

O resultado sería unha obra tanto práctica como de consulta, que en ningún caso

estaría rematada ao finalizar o traballo, quedando sempre aberta á incorporación de novos

percusionistas e novos datos que aportarían variantes estilísticas e rítmicas, xa que sería

imposible manter contacto cun número elevado de intérpretes 6 .

4 En concreto, e no meu caso, foi totalmente así. Cando me inicei na aprendizaxe da percusión arredor do ano

1990, o obxectivo era saír a tocar o antes posible.

5 XESTEIRA LOSADA, Xaquín: O ensino da percusión en Galicia, en Actas do I Congreso de Ensinantes de

Música Tradicional Galega. Autoedición. Asociación de Gaiteiros Galegos. 2007.

6 Referímonos ao tempo fixado para realización deste traballo.

11

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!