03.12.2012 Views

REVISTA DIAPENTE Nº 1

REVISTA DIAPENTE Nº 1

REVISTA DIAPENTE Nº 1

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Nº 1 REVISTA DIAPENTE. CONSERVATORIO SUPERIOR DE MUSICA DE VIGO. ABRIL 2011

web: http://www.diapente.es/ Email: cmus.vigo@edu.xunta.es

♦ Síntomas cognitivos: aqueles pensamentos negativos que temos durante a nosa

execución musical ou incluso antes da mesma (ex. “non vou estar a altura”, “vaime

saír mal”, etc)

A intensidade de cada un destes síntomas varía dunha persoa a outra, e as reaccións

non están necesariamente vinculadas.

As causas polo que aparecen estes síntomas, podémolas dividir en tres: a persoa, a

tarefa e a situación. Por exemplo, canto máis difícil sexa a tarefa a realizar, maior

ansiedade provocará no intérprete, así como tampouco é o mesmo, tocar nunha aula de

ensaio, que nun auditorio de gran aforo.

Existen multitudes de tratamentos, para afrontar o medo escénico. Podemos

mencionar algúns dos mais coñecidos como: a técnica Alexander, exercicios aeróbicos,

expoñerse a situacións de interpretación, ioga, adestramento do control da ansiedade, etc.

Para Guillermo Dalia, é moi importante traballar nesta última técnica, xa que é fácil

controlar a resposta da ansiedade, antes de que alcance o seu nivel máximo. Desta forma,

comezaremos adestrándonos para recoñecer os primeiros síntomas de ansiedade. Despois

realizaranse exercicios, para relaxarse cada vez en menos tempo. Combinando estes dous

aspectos, conseguiremos facelo en menos de 30 segundos, unha vez esteamos ben

adestrados na técnica.

A ansiedade é considerada, xeralmente, como prexudicial, pero todo intérprete sabe

que certo nivel de excitación é beneficioso para a actuación. Xeralmente, a mellor execución

é a que se realiza cun nivel moderado de excitación.

O NERVIOSISMO E O SUBLIMINAR.

Para controlar o medo escénico, como xa escribín antes, existen moitas técnicas, pero

hai unha en especial que me chamou a atención. Esta técnica e bastante descoñecida, pero

non por iso deixa de ser interesante.

O termo subliminar ven do latín, e significa “por debaixo do umbral”. Con outras

palabras, son informacións que non vemos ou que non oímos de forma consciente, pero que

sen embargo existen e que por conseguinte pasan por debaixo do umbral da consciencia.

Este método consiste en gravar un texto que conteña suxerencias positivas, a un nivel

sonoro suficientemente baixo, para que se poida mesturar cunha música que o cubra

88

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!