03.12.2012 Views

REVISTA DIAPENTE Nº 1

REVISTA DIAPENTE Nº 1

REVISTA DIAPENTE Nº 1

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Nº 1 REVISTA DIAPENTE. CONSERVATORIO SUPERIOR DE MUSICA DE VIGO. ABRIL 2011

web: http://www.diapente.es/ Email: cmus.vigo@edu.xunta.es

Pensamentos como, “pasará algo e suspenderase” ou “igual estou enfermo e non podo ir”, só

serven para reforzar a nosa inseguridade. Evitaremos poñernos nerviosos mentres realizamos

os últimos ensaios, e mentalmente intentaremos imaxinar, que xa estamos no concerto.

Tamén é moi recomendable realizar algunhas probas nas que toquemos a obra de principio a

fin, como si estivéramos no escenario. Na enquisa realizada, podemos observar, que a

maioría dos enquisados opinan que descansar, tanto física ou mentalmente é a mellor

opción. Outros realizan diferentes tipos de actividades, como o deporte ou lectura, que

tamén serven para evadirnos e relaxarnos. A opción de estudar pasaxes, é un pouco menos

recomendada, xa que a estas alturas xa deben estar o bastante afianzados.

Tamén podemos dar algún consello sobre os momentos previos á interpretación.

Sempre é recomendable chegar con tempo o lugar da actuación, as presas o único que

traerán son nervios e ansiedade. Evitaremos estar practicando ou ensaiando ata o último

momento, isto non vai mellorar a nosa interpretación e produciranos maior inseguridade.

Será interesante realizar algunha actividade distractora e evitar falar e pensar na

interpretación.

Deberemos realizar un quentamento ou preparación previa, como a que realizamos

habitualmente, pero sen excederse, xa que é habitual que nos obsesionemos con algún

pasaxe ou característica técnica, podéndonos cansar demasiado. Evitar amigos de proba,

tamén pode ser beneficioso, xa que poden realizar comentarios, que nos fagan perder a

concentración. Un truco para evadirnos mentalmente da situación, é pensar no que vamos a

facer despois da actuación, intentando facelo de maneira positiva e con ilusión.

COMO COMPORTARSE NUN ESCENARIO

Antes de subirse a un escenario, ou presentarse diante dun tribunal, debemos pensar

como facelo, para que non sexa algo improvisado. O saír intentaremos mostrar unha actitude

de firmeza e confianza, evitando miradas esquivas, ou timidez. Mirar ó público ou ós

membros do xurado con seguridade e compracencia, sen chegar a ser desafiantes.

Ante un erro ou fallo, a mellor forma de reaccionar é non reaccionar e continuar;

por suposto, intentar non deterse, e ocorra o que ocorra non facer xesto de desaprobación ou

enfado. En ocasións percíbense máis os xestos de desconformidade do músico, que o fallo

en cuestión. E frecuente, que ante un erro, tensemos algún músculo involuntariamente. A

86

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!