03.12.2012 Views

REVISTA DIAPENTE Nº 1

REVISTA DIAPENTE Nº 1

REVISTA DIAPENTE Nº 1

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Nº 1 REVISTA DIAPENTE. CONSERVATORIO SUPERIOR DE MUSICA DE VIGO. ABRIL 2011

web: http://www.diapente.es/ Email: cmus.vigo@edu.xunta.es

Elección e organización do repertorio.

Antes de comezar deberemos ter claro a que situación interpretativa nos vamos

enfrontar, coñecendo as diferenzas entre elas. Cando isto estea claro aparecerán os primeiros

problemas “que obras elixo?”, “poderei tocar aquela obra que me encanta?”, “esta ou

aquela?”, etc.

Para que a elección nos resulte beneficiosa, necesitamos ter dúas preguntas moi en

conta: a primeira, ¿Para quen vamos a tocar?, e a segunda, ¿Onde vamos tocar?.

Quizais nos cuestionemos o por que destas dúas preguntas, pois é moi sinxelo:

Segundo as enquisas que realicei, o xurado dunha oposición pode condicionar a elección do

repertorio, xa que depende, por exemplo, de que instrumentos tocan os membros do xurado

(ex. se un trombonista interpreta unha suite de Bach e un dos compoñentes do tribunal é

cellista, seguramente coñeza en profundidade a obra). Polo tanto será importante valorar o

feito de interpretar unha obra non orixinal para o noso instrumento, xa que un especialista

desta pode formar parte do tribunal. En moitos casos non é factible coñecer os membros do

xurado ata os días previos, pero o noso deber é intentar investigar todo o posible e coñecer a

máxima información que nos sexa posible, para unha correcta elección do repertorio.

Por outro lado se falamos dun recital, teremos en conta ó público xa que non soe

haber un xurado. Teremos que buscar un repertorio que agrade á maioría do público porque

é diferente tocar para un público acostumado a asistir a recitais a miúdo, que facelo para un

público sen coñecementos musicais. Tamén importará moito o lugar onde vaiamos a tocar

xa que difire moito tocar ó aire libre ou auditorio; ex. se tocamos unha obra moi delicada ó

aire libre, esta perderá todo o seu encanto e o público probablemente non a valorará

adecuadamente.

Por último, se estamos nunha audición, será un pouco diferente, xa que normalmente,

o repertorio ven dado pola organización. Aínda que pode ser que a proba conste de varias

fases, e nalgunha delas teñamos a liberdade de escoller nos unha obra, dunha lista pechada

ou aberta. Para isto deberemos ter en contar, aparte de todo o mencionado anteriormente,

cales son as obras obrigadas, se existen, para elixir unha obra doutro estilo ou época, que

faga patentes as nosas calidades musicais. Por exemplo, se na primeira rolda dunha audición

a obra obrigada era barroca, e na segunda rolda temos a oportunidade de elixir unha, non

escolleremos unha do mesmo estilo e época porque sería repetitivo e perderíamos a

oportunidade de amosar tódalas nosas capacidades.

79

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!