03.12.2012 Views

REVISTA DIAPENTE Nº 1

REVISTA DIAPENTE Nº 1

REVISTA DIAPENTE Nº 1

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Nº 1 REVISTA DIAPENTE. CONSERVATORIO SUPERIOR DE MUSICA DE VIGO. ABRIL 2011

web: http://www.diapente.es/ Email: cmus.vigo@edu.xunta.es

Por outra banda, Smith, un virtuoso dos estudos de Rachmaninoff, vai máis alá, e

recomenda abordar o problema pero esaxerando máis do requirido. Por exemplo, se o

problema era un pasaxe por ser moi agudo, deberíase practicar noutras tonalidades ata poder

realizalo máis agudo do requirido. Con isto conseguiremos maior solvencia e seguridade e

non estaremos no límite das nosas posibilidades á hora de enfrontarnos á interpretación.

Debemos ter sempre en conta, que o día da proba ou recital, seguramente as nosas

condicións poden ser que non sexan as óptimas, xa que se verán afectadas polos nervios,

ansiedade ou por calquera outro factor. Por iso será mellor ir debidamente preparados e

nunca escatimar a hora de estudar e asegurar motivos ou pasaxes.

¿ONDE? ¿PARA QUEN? ¿OBXECTIVOS?

Estas mesmas preguntas fixémolas para a elección do repertorio, pero novamente

teremos que facer uso delas para fixar un aspecto moi importante, e que tamén pode ser

decisivo.

En primeiro lugar, antes de realizar unha audición ou unha oposición, será convinte

plasmar por escrito, ou tan sequera mentalmente, os obxectivos que queremos conseguir

presentándonos. Se o facemos por escrito non os esquecerá e sempre nos motivará para non

desanimarnos.

Existen varias formas de posicionarse diante dunha proba destas características, pero

as principais son dúas: podemos presentarnos para coller experiencia, sen opción de

conseguir pasala proba, ou podemos realizala coa intención de aprobar e conseguir o posto

de traballo.

Se nos decantamos pola segunda opción, será necesario volver a ter na mente as

outras dúas preguntas, ¿onde? e ¿para quen?, xa que segundo os enquisados, son algo que

pode variar e cambiar substancialmente a nosa forma de afrontar a interpretación.

Como puiden comprobar no traballo de campo, máis do 80% dos enquisados

contestaron que ante unha audición ou unha oposición, estarían dispostos a cambiar a súa

forma de tocar dependendo do xurado. Isto deixa entrever que estas dúas cuestións teñen

bastante importancia. Poñamos por caso que, un instrumentista de vento metal realiza unha

audición para unha orquestra en Francia, outra en Alemaña, e outra en Estados Unidos. Terá

dúas opcións, tocar sempre da mesma forma sendo fiel ó seu estilo, ou intentar adaptarse e

84

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!