03.12.2012 Views

REVISTA DIAPENTE Nº 1

REVISTA DIAPENTE Nº 1

REVISTA DIAPENTE Nº 1

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Nº 1 REVISTA DIAPENTE. CONSERVATORIO SUPERIOR DE MUSICA DE VIGO. ABRIL 2011

web: http://www.diapente.es/ Email: cmus.vigo@edu.xunta.es

banda de gaitas Xarabal, onde se observan todos os seus aspectos pero, indirectamente, está

contida no mesmo unha aproximación ao estudo da historia das bandas de gaitas galegas

(non só de Galiza) a través de Xarabal.

As etapas do traballo foron varias: nun primeiro momento me fixen co arquivo de

Antón Corral, onde atopei fotografías, recortes de prensa, programas de actuacións, fichas

dos compoñentes e diversos documentos referentes á banda. O arquivo de Antón Corral foi a

miña base e sobre a que montei case que todo o traballo. A continuación creei unha base de

datos cos compoñentes da banda (datos extraídos das fichas), a cal me facilitou moitísimo o

traballo á hora de facer o estudo das persoas que pasaron pola banda, os grupos que se

formaron a partires da mesma banda… O seguinte paso consistiu en establecer unha

cronoloxía coas actividades e accións máis importantes da banda ao longo da súa historia.

As dificultades chegarían ao intentar redactar as posibles orixes da banda de gaitas obxecto

do traballo, xa que a bibliografía é inexistente, polo que tirei de conversas con persoas

claves na creación e desenvolvemento das bandas de gaitas tanto en Galiza, como fóra dela,

sempre que foran importantes no desenvolvemento da historia destes colectivos. Os

principais informantes foron: Xosé Lois Miguélez, Manuel Brañas, Ignacio Ramos, Marcos

Campos, Emilio Romero, Roberto Cendón, Xaime Estévez, José Ares, Diego González

Mariño, Pedro Álvarez, Brea González, Sonia Sobral, Francisco José Iglesias, Iago Boente,

Cristian Silva, Ánxela Vidal, Charo Guerrero e Lorena Freijeiro.

A partires destas conversas, axudado por algún libro e revista con escasas referencias

a algunha formación deste tipo e axudado dunha ferramenta básica na actualidade, internet,

logrei facer un estudo histórico cronolóxico dende o 1975 até a actualidade. Atopei algunha

referencia anterior a este ano que aparece recollida no traballo e, en canto a actualidade, me

centrei nos aspectos máis relacionados con Xarabal.

Como xa antes fixen referencia, a bibliografía sobre as bandas de gaitas de Galiza ou

mellor dito, galegas, é inexistente polo que as miñas expectativas en canto ao

desenvolvemento dunha historia lóxica das mesmas eran escasas. As referencias que se

poden atopar en internet, tamén son escasas e, ás veces, contraditorias. Leveime unha grata

sorpresa ao ver que a xente colaborou de maneira moi positiva para este traballo,

informándome de todo o que sabían.

Os obxectivos cos que comecei este traballo son basicamente dous, os cales

poderiamos encaixar en dous bloques: por un lado, ao estar enmarcado dentro dunha

35

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!