03.12.2012 Views

REVISTA DIAPENTE Nº 1

REVISTA DIAPENTE Nº 1

REVISTA DIAPENTE Nº 1

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Nº 1 REVISTA DIAPENTE. CONSERVATORIO SUPERIOR DE MUSICA DE VIGO. ABRIL 2011

web: http://www.diapente.es/ Email: cmus.vigo@edu.xunta.es

� Golpe simultáneo coas dúas mans: optamos por representalo da maneira máis gráfica

posible, aparecendo o golpe na parte superior da liña e na parte inferior simultaneamente.

� Golpe acentuado: soe ser o golpe que se produce nos finais de frase ou antes dunha pausa.

En moitas ocasións pode realizarse coas dúas mans simultáneas, pero ao non posuír

gravacións en vídeo das interpretacións deixarémolo indicado como golpe acentuado. Nas

gravacións en vídeo que observamos adoita a producirse coa man dereita, que normalmente

e a man que vai a tempo.

O símbolo que empregaremos será o de acentuado en música (>):

� Redobres: No caso dos redobres na música tradicional hai que ter en conta que moitas

veces non se contan o numero de rebotes que fai cada baqueta contra o parche. O redobre

consiste nunha percusión da baqueta contra o parche, premendo ata conseguir unha serie de

rebotes, sen preocupar a cantidade exacta de golpes, aínda que se procura obter a mesma

cantidade por execución.

Nós indicaremos os redobres dunha forma xenérica nos distintos patróns, que

consiste en dúas barras que cortan a plica da figura rítmica. No caso dun redobre longo, o

colocaremos na man dereita, xa que é na man que acostuma a comezar 13 :

Neste caso produciranse unha serie de rebotes por cada golpe de man, que se

intentará que sexan da maneira máis parecida posible como antes indicabamos.

A continuación propoñemos diversas fórmulas para enfrontarse a este tipo de

redobres en muiñeiras e xotas, non distinguindo se son mais abertos ou mais pechados,

podendo facer dous ou tres rebotes por golpe.

13 Damos este dato pola cantidade de percusionistas observados destros, no caso de zurdos os redobres adoitan

a comezar coa esquerda ou man boa como é lóxico.

16

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!