03.12.2012 Views

REVISTA DIAPENTE Nº 1

REVISTA DIAPENTE Nº 1

REVISTA DIAPENTE Nº 1

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Nº 1 REVISTA DIAPENTE. CONSERVATORIO SUPERIOR DE MUSICA DE VIGO. ABRIL 2011

web: http://www.diapente.es/ Email: cmus.vigo@edu.xunta.es

máis nos identifiquemos, pode ser tradicional, conservador, ou xuvenil e elegante. O máis

importante e non chamar a atención do tribunal ou da audiencia. A discreción e importante,

xa que as persoas o que van valorar vai ser a interpretación, e se comezan a valorarnos por

outros aspectos, pode ser prexudicial para nós. Por exemplo, hai xente que incluso sen

coñecela, cáenos mal polo simple feito de cómo vai vestida ou ata por como se comporta ou

camiña.

En canto ás mulleres, podemos subliñar un punto importante, a maquillaxe. Como

dixen antes hai que intentar ser discreto, conseguirémolo cunha maquillaxe minimalista, non

moi sobrecargada, xa que desta maneira estaremos chamando a atención dos espectadores.

Xera máis mala impresión, unha muller con moito maquillaxe, que unha sen ningún.

En resumo, o importante é a interpretación e non a nosa vestimenta, por iso debe

quedar nun segundo plano, sen conseguir que ninguén se fixe nela por ser demasiado

impactante. Hoxe en día, a maioría dos músicos, soen vestirse de negro ou cores escuras,

pasan desapercibidas, e o mesmo tempo poden ser elegantes e cómodas.

LINGUAXE NON VERBAL

Nos estudios de Albert Mehrabian, demostrouse que nunha mensaxe entre dúas

persoas, só o 7% é verbal (palabras), un 38% vocal (ton da voz, matices, entoación) e un

55% non verbal (expresións faciais, linguaxe corporal, xestos,). Se nos atopamos nunha

conversación longa, isto aumenta, e máis do 65% da comunicación e de tipo non verbal. Se

isto o trasladamos as interpretacións, poderíamos estar case nas mesmas condicións, xa que

mentres tocamos realizamos moitos xestos e expresións. Se non levamos coidado con estes,

pode ser que non esteamos transmitindo o que desexamos, e dar imaxe de inseguridade,

medo ou nerviosismo.

Xestos e expresións como tragar saliva en exceso, apertar os beizos, fretar moito as

mans , manipular en exceso o instrumento, respiracións profundas, etc. transmiten

certa inseguridade ó público, que crerá que estamos con nervios ou ansiosos.

Fregar os ollos ou estar coa mirada perdida, suxire inseguridade enriba do escenario,

intentando evitar cruzar miradas co tribunal ou co público.

Tocar ou fretar unha orella, mentres o público está aplaudindo despois dun recital,

pode transmitir a sensación de que o individuo está avergoñado, ou que non quere escoitar

91

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!