03.12.2012 Views

REVISTA DIAPENTE Nº 1

REVISTA DIAPENTE Nº 1

REVISTA DIAPENTE Nº 1

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Nº 1 REVISTA DIAPENTE. CONSERVATORIO SUPERIOR DE MUSICA DE VIGO. ABRIL 2011

web: http://www.diapente.es/ Email: cmus.vigo@edu.xunta.es

tamén os realizaremos cando notemos que estamos cansados ou fatigados, por exemplo,

despois dun longo tempo de estudo. A continuación veremos un exemplo:

Comezaremos cun exercicio de relaxación sinxelo, tombarémonos de costas coa

caluga apoiada no solo, os xeonllos flexionados e os brazos estendidos; a continuación,

cerramos os ollos, entreabrimos a mandíbula e relaxamos a lingua e os labios.

Concentrámonos unicamente na nosa respiración durante 3 ou 4 minutos, respirando pola

nariz lentamente contando ata cinco, e expirando pola boca contando de novo ata cinco. A

nosa respiración será completa aínda que se pode diferenciar en tres: abdominal, torácica, ou

clavicular.

Despois deste exercicio realizaremos un de concentración para preparar a nosa

mente. Un sinxelo é o tachado de letras, colleremos un periódico ou calquera páxina escrita

e tacharemos á maior velocidade posible unha determinada letra, por exemplo a “i”. Co paso

do tempo a práctica aumentará e poderemos tachar 2 ou 3 letras distintas.

O finalizar estes exercicios, que apenas nos levaron 5 minutos, estaremos física e

mentalmente preparados para comezar o estudo.

A importancia da rutina.

Como dixen no punto anterior, é de gran importancia realizar un sinxelo horario ou

plan de estudos para optimizar estes. Algo que nos axudará moitísimo a elo será crear a nosa

propia rutina de quentamento.

Existen gran cantidade de exemplares de rutinas ou “ Daily Warm-up routines” no

mercado, de multitude de músicos de tódalas disciplinas que publican o que eles realizan

normalmente a diario. Estes libros soen conter a técnica básica de cada instrumento. O noso

labor debería ser coñecer a máxima variedade de exercicios posibles, e realizar unha rutina

individualizada e personalizada que satisfaga as nosas demandas do momento. Aínda que os

exercicios sexan moi parecidos, é importante variar e coñecer máis para non caer nunha

monotonía que faga da nosa rutina un aburrimento e un fracaso.

“Daily Warm-up is just a simple method of daily work that with your imagination

and creativity you can vary the exercises according to your needs”

82

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!