03.12.2012 Views

REVISTA DIAPENTE Nº 1

REVISTA DIAPENTE Nº 1

REVISTA DIAPENTE Nº 1

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Nº 1 REVISTA DIAPENTE. CONSERVATORIO SUPERIOR DE MUSICA DE VIGO. ABRIL 2011

web: http://www.diapente.es/ Email: cmus.vigo@edu.xunta.es

Aires da

Terra

Os Gaiteiros de

Soutelo

25

Irmáns

Portela

Os Campaneiros

Brisas do Río Ulla

1900 1920 1940 1960 1980 2000

AIRES DA TERRA – MANUEL CASTRO

No ano 1904 un laboratorio rodante da Compagnie Française du Gramophone

percorre varios países europeos, facendo gravacións (chamadas impresións) dos grupos

musicais máis representativos da cultura popular. Máis ben era unha acción comercial da

filial francesa do grupo Berliner, encamiñada a abrir mercado ao gramófono, o seu

invento.Así os cartos invertidos en markenting por unha compañía estranxeira, deixaron

como renda o primeiro rexistro sonoro que chegou ata nós da música popular galega.

Precisamente eliximos estas gravacións por ser as máis antigas gravacións sobre a

tradición musical galega que existen, e ademais por ser a formación que marcou a liña que

se ía a seguir durante todo o século XX, seguida por numerosas coros como por exemplo

Toxos e Froles de Ferrol (1915) ou Cántigas da Terra da Coruña (1916).

Aires da Terra naceu a contrapelo dos gustos da sociedade e ademais para os

ilustrados era unha cova de reaccionarios sen a debida formación académica. Formouse

entre 1883 e 1899 e actuaron por primeira vez en 1900. Coa excepción do tamborileiro, no

que nos centraremos, son xente ben establecida na vila, xente da boa sociedade que traslada

as formas artísticas do campo á cidade.

Precisamente segundo a editorial Ouvirmos 32 nesta gravación coa que traballaremos

participou con total seguridade Manuel Castro, o tamborileiro de Campañó, que como

citamos era o único aldeán do grupo, quedándonos de novo patente o papel secundario da

percusión nas formacións de música tradicional.

31 Cadro cronolóxico do século XX coas agrupacións estudadas.

32 Datos obtidos do libro CD de Aires da Terra da editorial citada.

31

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!