03.12.2012 Views

REVISTA DIAPENTE Nº 1

REVISTA DIAPENTE Nº 1

REVISTA DIAPENTE Nº 1

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Nº 1 REVISTA DIAPENTE. CONSERVATORIO SUPERIOR DE MUSICA DE VIGO. ABRIL 2011

web: http://www.diapente.es/ Email: cmus.vigo@edu.xunta.es

A miña hipótese e que o intérprete debe coñecer toda a información posible da

interpretación antes de realizar a elección do repertorio, así como tamén ter en conta a

variedade de estilos e de épocas. Nunca debe de esquecer onde están os seus límites, e non

por querer maior espectacularidade, elixir obras de maior dificultade que nós estean

prexudicando pola súa dificultade técnica, deixando máis visibles as nosas debilidades que

as nosas virtudes.

A hora de organizar este repertorio, existe unha gran variedade de respostas dos

enquisados; a maioría coincide en que é necesario organizar o repertorio segundo o estilo ou

época, seguindo sempre un orde cronolóxico. Nunca debemos esquecer onde están os nosos

límites e de que resistencia gozamos, porque se gardamos a obra máis difícil para o final,

quizais esteamos minguados fisicamente, e non poidamos interpretala nas mellores

condicións.

Organizar o tempo de estudo

O tempo soe ser escaso para todos, por iso é necesario organizarse e non

desperdicialo xa que este non cesa de correr. Para conseguir isto teremos que ter en conta

moitos factores que poden prexudicar ó noso estudo e facer que non o esteamos a aproveitar

o cen por cen.

Segundo Bernabé Tierno antes de comezar calquera estudo deberemos estar

motivados e mostrar un certo interese ou desexo por afrontalo, deste xeito conseguiremos o

éxito cun menor esforzo. Despois disto o primeiro a ter en conta será a nosa condición física.

-Condición física

Se o noso corpo non está preparado para estudar será imposible avanzar e conseguir

o noso obxectivo a tempo. Este é un factor esquecido por moitos de nós, tendo unha grande

importancia para conseguir o éxito. A continuación veremos unha serie de consellos para

mellorar este aspecto, os cales deberíamos seguilos durante toda a nosa vida e non só en

épocas de estudo:

• Horas de sono: deberíamos durmir entre 7 e 9 horas diarias, xa que esta é a forma

máis natural de descansar e repoñerse do esgotamento cerebral e físico. Durmir dun tirón é

a mellor maneira de facelo, xa que así non nos levantaremos frustrados e inquedos.

80

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!