03.12.2012 Views

REVISTA DIAPENTE Nº 1

REVISTA DIAPENTE Nº 1

REVISTA DIAPENTE Nº 1

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Nº 1 REVISTA DIAPENTE. CONSERVATORIO SUPERIOR DE MUSICA DE VIGO. ABRIL 2011

web: http://www.diapente.es/ Email: cmus.vigo@edu.xunta.es

sempre explica que o nome se lle puxo pensando que os músicos dedicados ao folclore

galego corrían o perigo de desaparecer. Nome acertado, xa que daquela era difícil

permanecer neste mundo da música folclórica, pero ao mesmo tempo, o nome estaba moi

afastado do significado que adquiriría a banda dentro da cultura galega: difusora da cultura.

As gaitas coas que tocaban estaban construídas polos alumnos do obradoiro da

Universidade Popular. A mentalidade do seu director era moi aberta e se atreveu a introducir

instrumentos alleos á música tradicional como sintetizador, congas, bongos… Case dous

anos de duro traballo pasaron, até que o día 7 de xuño de 1986, apadriñada polo gaiteiro D.

Ricardo Portela, foi presentada en público na cidade de Vigo, nun auditorio único, o García

Barbón.

Volvendo cara atrás, no mesmo ano 1984 (meses antes da creación de Xarabal), nos

atopamos coa creación da banda de gaitas do Conservatorio de Vigo, en gran parte idea

continuadora da banda Raigames pero, neste caso, a dirección asumida por Xaime Estévez,

profesor do Conservatorio de Música de Vigo despois de Henrique Otero. Era unha

actividade vinculada ao conservatorio pero de maneira voluntaria. Por ela pasaron un total

de entre 40 e 50 compoñentes e o repertorio, basicamente estaba baseado en arranxos de

temas tradicionais feitos por Ernesto Campos, o director Xaime Estévez e Magoia Bodega.

Os seus anos de maior actividade foron entre o 1985 e o 1987, chegando a gañar un

concurso de bandas de gaitas no 1985. Por desgraza, nunca realizou ningún traballo

discográfico. No ano 1988, ao deixar o conservatorio o mestre Xaime Estévez, a banda se

disolveu.

Algo moi similar ao que ocorrera en Vigo no ano 1984, ocorreu en 1985 en dous

puntos da xeografía da provincia da Coruña. Concretamente en Cedeira e Santa Uxía de

Ribeira. Foi un ano produtivo para as bandas de gaitas galegas. En Cedeira se crearía a

banda de gaitas Robaleira, cun estilo moi semellante ao de Xarabal, onde as combinacións

de instrumentos propios e alleos, enriquecían a súa música. O mesmo sucedería en Santa

Uxía de Ribeira, onde nacería a banda Ancoradoiro, baixo a dirección de Pepe Romero, a cal

acadaría unha fama moi notable no panorama musical galego, non só polo seu espectáculo

(da mesma índole que Xarabal), senón tamén pola súa produción discográfica (“Sui

Generis” foi un gran referente para a música de bandas de gaitas de Galiza durante moitos

anos). Actualmente, a banda Ancoradoiro non está activa, xa que se disolveu no ano 1999.

39

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!