03.12.2012 Views

REVISTA DIAPENTE Nº 1

REVISTA DIAPENTE Nº 1

REVISTA DIAPENTE Nº 1

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Nº 1 REVISTA DIAPENTE. CONSERVATORIO SUPERIOR DE MUSICA DE VIGO. ABRIL 2011

web: http://www.diapente.es/ Email: cmus.vigo@edu.xunta.es

Nós optaremos por representala por grupos de corcheas simples, e aínda que

posteriormente non o indicaremos, a continuación incluímos unha acentuación que pode

marcar o estilo do ritmo.

Sen embargo representaremos os ritmos carentes de acentuación, reservando ese

símbolo para outro tipo de golpes 17 .

Xota e Foliada

A Xota e a Foliada son outros dos ritmos máis populares na música galega. No

estudo de Xaime Estevez son o segundo e o terceiro ritmo que máis aparece nas gravacións

sobre música galega, ademais tamén son os ritmos que máis atopamos nos cancioneiros.

Aparte de Galicia, a Xota é un ritmo que atopamos en moitos lugares de España,

sendo moi coñecida a Xota Aragonesa.

…la jota late en el fondo de la música de la música popular de

todas las regiones de España, aunque en Aragón haya logrado

desarrollo completo, como si fuera su suelo nativo. 18

O seu ritmo é ternario e escríbese en 3/4 ou en 3/8.

A foliada diferénciase da xota en que acostuma a ser cantada, como podemos

observar na maioría de pezas analizadas, en concreto no coro Aires da Terra, onde se alterna

unha parte de gaita con unha parte de coro e gaita.

Nós escribiremos ambas en 3/4 e non indicaremos a acentuación, aínda que o

natural sería que soase da seguinte maneira:

17 O acento o reservaremos para outros golpes de carácter máis forte como explicamos na sección anterior.

18 Frase de Federico Olmeda citada nas Anotaciones de D. Casto Sampedro y Folgar no seu cancioneiro

(páxina 186)

18

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!