03.12.2012 Views

REVISTA DIAPENTE Nº 1

REVISTA DIAPENTE Nº 1

REVISTA DIAPENTE Nº 1

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Nº 1 REVISTA DIAPENTE. CONSERVATORIO SUPERIOR DE MUSICA DE VIGO. ABRIL 2011

web: http://www.diapente.es/ Email: cmus.vigo@edu.xunta.es

• Alimentación racional: é importante seguir unha dieta alimenticia equilibrada, así o

noso corpo non sufrirá carencias que poidan prexudicar ó noso estudo. Evitar as comidas

abundantes, xa que alteran o noso sistema, e intentar comer regularmente, unhas 4 ou 5

comidas o día.

• Exercicio físico: a práctica habitual favorece a forma física tanto corporal como

intelectual. O máis importante é a constancia e non a cantidade, xa que a finalidade é un

mantemento, non unha perfección física. Se o exercicio se realiza o aire libre e en contacto

coa natureza moito mellor, xa que contribúe a relaxar o noso sistema nervioso.

Planificación do estudo

Despois de intentar conseguir todo isto será necesario organizar e planificar o noso

estudo. O mellor sería facelo por escrito, realizando un horario ou plan de estudos xxiii ,

marcando o tempo que dedicaremos a cada obra, exercicios ou o quentamento. Isto

axudaranos a levar un maior control e evitar que nos esqueza facer algo en calquera

momento. A vida de hoxe en día tennos moi atarefados para saber con antelación o que

vamos facer dentro de 3 semanas, aínda así intentaremos facelo polo menos semanalmente.

Debe ser flexible, xa que se é moi estrito será difícil levalo a cabo.

Para realizar este horario ou plan de estudos, teremos que ter as obras escollidas e

saber a que situación interpretativa nos enfrontamos, porque non será o mesmo preparar

unha interpretación de 45 minutos, que realizar unha preparación para demostrar todas as

nosas calidades en 5 minutos. No primeiro caso, traballaremos máis a resistencia para

conseguir que as nosas capacidades aguanten ó cen por cen o maior tempo posible; no

segundo caso importará máis que todo saia ben á primeira, xa que teremos pouco tempo e

non poderemos cometer ningún erro neste breve espazo.

Por outra banda, tamén inflúe o entorno en onde desenvolvemos o noso estudo. Por

norma xeral deberemos intentar buscar un lugar onde poidamos estar sos e sen que ninguén

nos moleste. Tamén buscaremos un lugar cunha temperatura agradable e iluminación

axeitada, se fora posible con luz natural. Unha temperatura baixa produce inquietude e

nerviosismo e pola contra unha alta produce inactividade e somnolencia.

Agora ben, antes de comezar a estudar, sería interesante facer algún exercicio de

relaxación e concentración para prepararnos mentalmente para o traballo que realizaremos.

Desta forma aproveitaremos mellor o tempo, estaremos máis concentrados. Estes exercicios

81

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!