03.12.2012 Views

REVISTA DIAPENTE Nº 1

REVISTA DIAPENTE Nº 1

REVISTA DIAPENTE Nº 1

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Nº 1 REVISTA DIAPENTE. CONSERVATORIO SUPERIOR DE MUSICA DE VIGO. ABRIL 2011

web: http://www.diapente.es/ Email: cmus.vigo@edu.xunta.es

ter preparado algunha actividade lúdica para despois do concerto, que poidamos compartir

coa nosa xente e desfrutar dela. Inevitablemente faranse comentarios do concerto, pero non é

conveniente excedernos neles.

Por outra banda, existen dúas maneiras de aprender da nosa interpretación, unha vez

pasado o momento, e xa recuperados das emocións; podemos analizar o ocorrido ou

criticalo. Entenderemos por analizar, ver aquelas cousas que fixemos ben, todo o positivo,

para que na seguinte audición se repita, e entenderemos por criticar, ver aquelas cousas que

nos saíron mal, todo o negativo. O mellor será combinar as dúas opcións, aínda que

normalmente os músicos solemos quedarnos criticando todo o ocorrido, sen ver nunca o que

nos saíu ben. Segundo Unai Urretxo, debemos facer máis fincapé nas cousas positivas, para

crear un vínculo, entre a interpretación e o positivo, deste xeito tamén conseguiremos

evolucionar paulatinamente, conseguindo evitar pensamentos negativos de situacións

interpretativas.

IMAXE PERSOAL

Como te ven, trátante. Aparencia persoal

A imaxe persoal e a nosa tarxeta de visita, aínda que as persoas teñamos outros

moitos valores, a primeira impresión é fundamental. O primeiro que percibirá un xurado ou

un público de nós, será a nosa forma de vestir e o noso comportamento e modais. Por iso é

importante coidalos o máximo para non empezar con mal pé. Un dito popular reza:

“Recíbente segundo te presentas e despídente segundo te comportas”, no mundo da música

a segunda parte podémola cambiar por “segundo interpretas”, pero non deixa de ser

importante a primeira.

Na enquisa, case un 70 por cen dos enquisados responde que varía a súa imaxe

persoal, cando teñen que realizar unha interpretación. Como vemos é algo importante e que

se ten en conta, pero agora ben, ¿estaremos mostrando a imaxe que nós queremos?.

Sobre este aspecto hai milleiros de libros e artigos escritos, pero vamos a centrarnos

no básico, para conseguir non causar unha mala impresión.

Primeiramente intentaremos buscar unha aparencia sinxela e cómoda, que non nos

incomode a hora de interpretar. Despois, a criterio de cada persoa, elixiremos o estilo co que

90

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!