03.12.2012 Views

REVISTA DIAPENTE Nº 1

REVISTA DIAPENTE Nº 1

REVISTA DIAPENTE Nº 1

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Nº 1 REVISTA DIAPENTE. CONSERVATORIO SUPERIOR DE MUSICA DE VIGO. ABRIL 2011

web: http://www.diapente.es/ Email: cmus.vigo@edu.xunta.es

OUTROS RITMOS

Aínda que os xéneros que aparecen como estandarte da cultura galega son as

muiñeiras, xotas e foliadas, hoxe en día atopamos unha variedade de ritmos e xéneros que

enriquecen o panorama da música tradicional galega.

Sen embargo en ningún dos cancioneiros de música tradicional de Galicia

anteriores á Guerra Civil é moi común atopar pezas de este novo repertorio: nin Inzenga

(1888), nin Casto Sampedro (1942), na que aparecen todo tipo de rarezas, nin Torner e Bal y

Gay (1973), no que se recolle material entre 1928 e 1932. Sen embargo na colección

recompilada por Perfecto Feijoo, fundador do coro Aires da Terra, aparece dun xeito

anecdótico unha peza titulada Jota-Vals, aínda que non atopamos ningún novo xénero a ter

en conta 19 .

Aínda que sabemos que os novos xéneros como o pasodobre, o valse, a polca ou a

mazurca entre outros foron moi populares entre os gaiteiros no século XX, non se fai

mención a xéneros distintos aos denominados auténticos 20 .

Pasodobre

O pasodobre é o ritmo máis representativo da música española, se embargo parece

ser que na música galega a súa chegada foi posterior.

O pasodobre e un ritmo que moitos consideran de raíz non galega, como podemos

observar no libro Os Segredos da Gaita de Foxo. Aínda que o xénero como tal se introduce

na música para gaita durante os inicios do século XX e se fixera moi popular durante a

metade do século, si que atopamos moitas cantigas populares nos cancioneiros que gardan

esta rítmica, escrita en 2/4, o que demostra un emprego anterior desde tipo de rítmicas.

Por exemplo no Cancionero Musical de Galicia na tercera parte, sección II,

Curiosidades varias 21 atopamos o paso-doble de los gigantes, Corpus e uns cantos temas

mais que parecen pasodobres, pero con outro tipo de acepcións como dianas, danzas,

tonadas, faginas ou cabalgadas, o que nos fai pensar que era unha rítmica presente na

música galega. Ademais moitas das danzas que aparecen como “palillos, cintas y arquitos”

na segunda parte do cancioneiro tamén se axustan á rítmica de pasodobre.

Observando o estudo de Xavier Groba 22 tamén podemos atopar moitas mais

melodías por todo o cancioneiro que se axusten a esta rítmica, polo tanto vemos que aínda

que é unha rítmica integrada na musica galega, ata mediados do século XX non se explota

nas agrupacións instrumentais.

19

COSTA, Luís: Las Rumbas olvidadas: transculturalidad y etnicización en la música popular gallega

20

Denominamos auténticos con ironía, aos xéneros Muiñeira, Xota e Foliada

21

Páxina 194

22

GROBA GONZÁLEZ, Xavier: El Repertorio del cancionero musical de Galicia: Análisis y revisión crítica

19

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!