03.12.2012 Views

REVISTA DIAPENTE Nº 1

REVISTA DIAPENTE Nº 1

REVISTA DIAPENTE Nº 1

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Nº 1 REVISTA DIAPENTE. CONSERVATORIO SUPERIOR DE MUSICA DE VIGO. ABRIL 2011

web: http://www.diapente.es/ Email: cmus.vigo@edu.xunta.es

única forma de evitar isto e ensaialo e practicalo previamente. De todas formas, se nos

concentramos en desfrutar, moitas destas reaccións pasarannos desapercibidas.

Durante a actuación, non podemos estar atendendo á execución, á parte técnica e á

vez emocionarnos coa nosa interpretación. Por iso e necesario ir preparado tecnicamente,

para non ter isto en conta a hora do concerto. De esta forma, poderemos dedicar o cen por

cen da nosa atención a execución e a desfrutar.

Teremos coidado coa comunicación non verbal, xa que sen darnos conta podemos

facer xestos que vaian en contra do que pretendemos. Todo isto será tratado en profundidade

no último punto.

Independentemente do ocorrido na interpretación, temos que mostrar seguridade á

hora de despedirse e saír do escenario, saudando ó público ou ó tribunal coa mesma

seguridade que cando entramos. No caso de que houbera aplausos, responderemos con

movementos leves de cabeza, cun leve sorriso a modo de agradecemento. Se o resultado da

nosa actuación non nos convenceu, ou non nos gustou, non temos que demostralo de

ningunha maneira na despedida.

MEDO ESCÉNICO

A ansiedade que xera ter que realizar unha actuación, está presente na maioría dos

músicos, a diferenza, é que non todo o mundo reacciona do mesmo modo. Nos últimos anos

esta moi en auxe este tema, e realízanse multitude de cursos, que serven para coñecer as

causas e os tratamentos, do que coñecemos como medo escénico.

Entre os enquisados, case a metade deles, fixeron algún tipo de traballo relacionado

con isto. Isto reafirma o interese por mellorar neste aspecto, xa que moitos músicos, ven

prexudicadas as súas interpretacións por este factor.

Os síntomas son coñecidos por todos, e clasifícanse en tres tipos:

♦ Síntomas fisiolóxicos: esas sensacións físicas tan molestas que dificultan a nosa

execución musical (taquicardia, sudoración, tremores, etc).

♦ Síntomas motores: todas as condutas que realizamos para, ou ben evitar a situación

(ex. non tocar en público), ou ben tratar de “escapar” unha vez que estamos na

interpretación, facendo algo que nos proporcione certo alivio (ex. non mirar o

público).

87

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!