03.12.2012 Views

REVISTA DIAPENTE Nº 1

REVISTA DIAPENTE Nº 1

REVISTA DIAPENTE Nº 1

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Nº 1 REVISTA DIAPENTE. CONSERVATORIO SUPERIOR DE MUSICA DE VIGO. ABRIL 2011

web: http://www.diapente.es/ Email: cmus.vigo@edu.xunta.es

esquecemento e marxinación. A cultura era popular e economicamente pobre e, foi grazas a

persoeiros anónimos e a situación política que estaría por vir, que Galiza saíse adiante

podendo subsistir como pobo con cultura propia e cos seus propios medios. Estas persoas

que loitaban por dignificar unha cultura tan rica como valiosa, atopábanse espalladas por

todos os lugares que comprenden a comunidade. Foi cando, no ano 1975, a plenas portas da

liberdade política, un pequeno grupo de persoas vencelladas a esta cultura popular e

encabezadas por Xabier Garrote, tomou unha decisión que sería determinante no futuro da

cultura galega. En Santa Marta de Ortigueira, un pequeno pobo costeiro da provincia da

Coruña, gaiteiros, percusionistas, sempre apoiados por afeccionados e amantes do saber

popular, tomaron a decisión de facer un grupo musical numeroso ao que lle chamaron Banda

de Gaitas. Nacía así a primeira banda de gaitas de Galiza, antecedente de tantas outras que

serían creadas posteriormente.

Nesta mesma vila, o 30 de Xullo de 1978 quedaba inaugurado o Festival Folclórico

Internacional do Mundo Celta. Desta data, e mais da situación social da época podemos

extraer unha conclusión: antes deste festival non había conexión directa coas nacións celtas

polo que case podemos desbotar a idea de que as bandas de gaitas galegas estean baseadas

en modelos doutros lugares. Debido a situación é máis lóxico pensar que se viviu un

rexurdir da música tradicional e, co incremento dos músicos, as bandas de gaitas eran

formacións perfectas para lle dar saídas.

Podemos atopar referencias a grupos de gaitas numerosos anteriores ao de

Ortigueira, pero foi este, o primeiro que se deu a coñecer co cualificativo Banda de gaitas

en toda Galiza. De entre moitos outros grupo anteriores á banda de Ortigueira, cabe destacar

un grupo creado en Ribadeo, no ano 1960 (aínda que se estreou no 1962) chamado “As

meniñas de SAUDADE” e dirixido por Primitivo Díaz. Tratábase dunha formación de entre

dez e quince compoñentes, nos que única e exclusivamente se atopaban mulleres gaiteiras, e

percusionistas algo moi curioso e interesante para aquela época.

Produto da casualidade, no ano 1977, o ourensán Xosé Lois Foxo atopábase

facendo os seus estudos na cidade de Barcelona. Licenciouse en tradución e interpretación

nas linguas alemán e inglés, pola Universidade Autónoma de Barcelona. Na súa xuventude

xa aprendera música e era amante da tradición musical galega, especialmente centrada nas

zonas do Courel, como en moitas ocasións ten relatado. Esta formación musical unida ao

gran número de inmigrantes galegos que se atopaban na cidade condal con ganas de

37

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!