03.12.2012 Views

REVISTA DIAPENTE Nº 1

REVISTA DIAPENTE Nº 1

REVISTA DIAPENTE Nº 1

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Nº 1 REVISTA DIAPENTE. CONSERVATORIO SUPERIOR DE MUSICA DE VIGO. ABRIL 2011

web: http://www.diapente.es/ Email: cmus.vigo@edu.xunta.es

“Most of my ideas come from many years of playing and teaching combined with all

the wonderful contacts I have had with different experts on these matters during my career.

It’s a combination of the ideas which have helped me to come to where I am right now.”

Coñecendo a importancia que lle dan tódolos profesionais á rutina deberíamos,

despois de ter elixido o repertorio para unha interpretación realizar unha rutina acorde co

que imos a traballar, para potenciar todos aqueles aspectos xa dende o quentamento.

A técnica ó servizo da interpretación.

En consonancia co punto anterior, este apartado explicaranos a importancia de ter

unha técnica correcta e perfeccionada. Non nos podemos limitar soamente a realizar unha

rutina e a traballar o repertorio, porque se non quedarían ocos baleiros, que máis tarde

botaremos en falla.

Cando eliximos o repertorio temos que ser conscientes da súa dificultade técnica e

das nosas limitacións. É necesario que saibamos se imos ser quen de superar estas

dificultades dunha maneira solvente, ou pola contra, nos van a prexudicar na nosa

interpretación. Por exemplo, se o repertorio obrigado dunha audición é dunha dificultade

técnica elevada, sería máis sensato deixar pasar a oportunidade, e presentarse cando teñamos

a seguridade de poder abordala. Aínda que neste aspecto moita xente opina o contrario e

baséanse en que non temos nada que perder se nos presentamos. De todas formas o mellor

sería estudar o caso detidamente. Podendo tamén pedir consello os nosos mestres ou

compañeiros que teñan máis experiencia.

No que coincide a maioría é que o primeiro que se debe facer, é unha perspectiva

xeral da obra atopando as dificultades técnicas, para así poder enfrontarse a elas e superalas

antes de abordar toda a obra. Despois trataremos estás dificultades con estudos, métodos ou

exercicios, acordes có problema para paulatinamente mellorar esa calidade técnica. Por

exemplo, no caso do vento metal, se nunha obra necesitamos empregar moito dobre ou triple

picado, buscaremos estudos ou exercicios que traballen este aspecto en profundidade para

desenvolvelo correctamente.

Este feito coñécese como práctica “indirecta” onde se abordan os problemas máis

persistentes atacando á raíz para así remedialo. Alfred Cortot desenvolve este método,

creando unha serie de exercicios preliminares ós estudos de Chopin, para así preparar ó

intérprete. Segundo el “non se debería practicar o pasaxe difícil, se non a dificultade que

contén”.

83

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!