15.02.2015 Views

Descarga en formato PDF (4 MB) - Centro Ramón Piñeiro para a ...

Descarga en formato PDF (4 MB) - Centro Ramón Piñeiro para a ...

Descarga en formato PDF (4 MB) - Centro Ramón Piñeiro para a ...

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

IMAXE DE ROSALÍA

Moncho Regueira

Non convén chorar máis

Ela chorou por todos e pra sempre

Pimentel

Eu facería de ti unha imaxe etérea

no pergameo dos meus sonos.

Subiría cabo da prateada lúa

pra roubarlle a súa fría luminosidade

e nimbaría túa testa.

Un alustre poñería na túa fronte marelecida

e por ollos dúas pérolas de orballo

nas túas concas cansas,

baixo das pálpebras enxoitas.

Deitaríate nun cadaleito de frío mirto

e cubríndote con farrapos de brétema

nomearíate:

Noite...!

Ollos abertos de verdes afogados

fitando pra ti.

Ventos tristeiros con marmurios de verbas,

falando:

Fuxe, fuxe,muller, dos meus sonos

esquece mortos e náufragos.

Descansa...!

Ti érala que non puido deixar de ser,

pois a dor infinda da túa alma

deixou en nós unha noite de astros enloitados

que –no seu frío aloumiño–

farán xurdir nosa esperanza...

Fuxirás no intre en que a luz poida á noite.

Voltarás do Alén por un vieiro tapizado de outos cipreses

e pousaraste sobor da irta serán dos nosos sonos.

Ti éralo espírito senlleiro que voltou.

193

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!