13.07.2015 Views

Combining submerged membrane technology with anaerobic and ...

Combining submerged membrane technology with anaerobic and ...

Combining submerged membrane technology with anaerobic and ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Obxectivos e resumoEsta tese encádrase no marco da depuración de augas residuais tanto urbanascoma industriais. Lexislacións cada vez máis restritivas dan lugar á necesidade dedesenvolver sistemas compactos e eficientes para a eliminación tanto de materia orgánicacoma de nutrientes. A aplicación dos procesos de filtración de membranas ao tratamentode augas residuais orixínase a finais dos anos 60, mediante o uso de módulos demembrana tubulares, usados en procesos de filtración industrial, adaptados externamentea reactores biolóxicos. Non obstante durante uns 20 anos o seu uso limitouse aotratamento de augas residuais industriais, xa que os altos custos enerxéticos e deoperación facían inviable a súa aplicación á depuración de augas residuais urbanas. Estasituación cambiou a principio da década dos 90, c<strong>and</strong>o se desenvolveron módulos demembranas de filtración somerxibles que se poden introducir directamente no reactorbiolóxico de lamas activas. Estas membranas (de placa plana e fibra oca) son máisbaratas e aplícanse en substitución do clásico proceso de sedimentación secundaria,d<strong>and</strong>o lugar ao biorreactor de membranas (BRM). A combinación da tecnoloxía defiltración con membranas de baixa presión e os procesos biolóxicos para o tratamento deaugas residuais evolucionou d<strong>and</strong>o lugar a diferentes configuracións e aplicacións comoos reactores de membrana anaerobios ou os biorreactores de membranas híbridos debiopelículas. Estes sistemas, con diferentes configuracións son empregados para aeliminación tanto de materia orgánica coma de nutrientes das augas residuais industriaisou urbanas. Ademáis, a tecnoloxía de membranas somerxidas está sendo tamén aplicadana filtración terciaria de efluentes secundarios.O proceso de filtración terciaria, especialmente filtración en profundidade, foitradicionalmente empregado para a eliminación de sólidos en suspensión dos efluentessecundarios. Tamén son de utilidade para a eliminación de material particulado e coloidaldos efluentes secundarios decantados, para así incrementar a efectividade dunha posibleetapa de desinfección ultravioleta ou con ozono e garantir a produción da agua tratada degran calidade. Non obstante, nos últimos anos, o uso de sistemas de filtración terciariacon membranas estase a converter nunha práctica común. As membranas de filtraciónterciaria de baixa presión probaron a súa efectividade para satisfacer os cada vez máisesixentes estándares de calidade tanto para descarga directa coma para a reutilización da11

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!