13.07.2015 Views

Combining submerged membrane technology with anaerobic and ...

Combining submerged membrane technology with anaerobic and ...

Combining submerged membrane technology with anaerobic and ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Obxectivos e resumosoluble, así como pola mesma lama. Para evitar o ensuciamento das membranassomerxidas utilízanse diversas técnicas de limpeza física ou química. O ensuciamentoreversible pode ser contrarrestado mediante medidas físicas como son os períodos decontralavado e/ou relaxación e o burbullo de aire (ou biogás en ambiente anaerobio) sobrea superficie da membrana, mentres que o ensuciamento irreversible é aquel que só podeser eliminado mediante unha limpeza con reactivos químicos. Por último, o ensuzamentoirrecuperable fai referencia a aquel que non pode ser contrarrestado empregandoestratexias de limpeza nin físicas nin químicas.Sobre a base do anteriormente citado, na presente tese estudouse a aplicabilidadeda tecnoloxía de filtración con membranas somerxidas a diferentes sistemas aerobios eanaerobios de tratamento de augas residuais tanto industriais coma urbanas. O uso demembranas somerxidas para o tratamento terciario de diferentes efluentes secundariosprocedentes de reactores secuenciais descontinuos con biomasas granular e floculenta foiestudado no Capítulo 3. Posteriormente, investigouse o uso dun biorreactor de membranaen combinación cun reactor metanogénico tipo UASB formando un único sistemaintegrado ou como post-tratamento do efluente tratado anaeróbicamente (Capítulo 4),prestando especial atención ás posibles causas de ensuciamento (Capítulo 5) e áposibilidade de eliminar nitróxeno utilizando o metano disolto presente no efluenteanaerobio como fonte de carbono (Capítulo 6). Finalmente, foi estudada a operación dunbiorreactor anaerobio de membranas con elevada concentración de biomasa para otratamento de augas residuais industriais, prestando especial atención ao ensuciamentoda membrana e á súa posible minimización a través da adición de carbono activo en po(Capítulo 7).A continuación detallásense os contidos de cada un dos capítulos da presente tese.No Capítulo 1, preséntase unha revisión bibliográfica actualizada dos estudosrealizados ata a data sobre a tecnoloxía de membranas somerxidas e a súa combinacióncon diferentes sistemas de tratamento de augas residuais tanto urbanas coma industriais.Preséntase tamén información relativa aos tipos de membranas comunmente empregadasneste tipo de aplicacións así como a súa introdución e a súa actual situación no mercado.Adicionalmente faise especial fincapé na principal desvantaxe da operación conmembranas, o ensuciamento destas, identificando os principais tipos, as súas causas,posibles indicadores e as medidas necesarias para a súa minimización.No Capítulo 2, desenvólvense os materiais e métodos empregados nosexperimentos realizados ao longo da maior parte dos capítulos posteriores.13

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!