13.07.2015 Views

Combining submerged membrane technology with anaerobic and ...

Combining submerged membrane technology with anaerobic and ...

Combining submerged membrane technology with anaerobic and ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Obxectivos e resumog·L -1 , valores máis baixos que aqueles tipicamente recomendados. Estas baixasconcentracións, causaron a falta de protección da membrana outorgada pola torta de lamaque se forma sobre ela, levando a un ensuciamento irreversible desta pola oclusión dosseus poros con substancias biopoliméricas solubles e coloidais. As velocidades deensuciamento observadas foron un 60% maior cando as concentracións de biomasa foronmáis baixas. Polo tanto, a achega dunha mínima VCO ás etapas aeróbicas (BRM) seríanecesaria para manter unha concentración de biomasa axeitada e controlar oensuciamento da membrana. Neste sentido, o sistema proposto podería ser modificadopara alimentar unha pequena fracción da auga residual directamente á etapa aeróbica,para asegurar unha subministración mínima de materia orgánica biodegradable, e asímanter unha relación de alimento/microorganismo por enriba do valor mínimo tipicamenterecomendado (0.1 gDQO·gSSV -1·d -1 ).No Capítulo 5, estudouse o impacto da etapa metanoxénica sobre o ensuciamentoda membrana no sistema proposto no Capítulo 4. Observáronse fluxos de operación entre11 e 18 L·m -2·h -1 e permeabilidades entre 100 e 250 L·m -2·h -1·bar -1 . A recirculación debiomasa aeróbica á etapa anaeróbica levou ao aumento na concentración de cBPC noBRM, empeorando o rendemento da membrana.Esta mesma tendencia foi observada cando a recirculación entre o BRM e o reactorUASB estivo apagada pero a lama procedente dunha planta de tratamento de augasresiduais municipais foi externamente alimentada ao reactor anaerobio. Experimentos endescontinuo demostraron que a hidrólise da biomasa aerobia (substrato complexo) encondicións anaerobias provocaron unha liberación de substancias biopoliméricas,aumentando a concentración de tódolos indicadores de ensuciamento estudados.As concentracións da fracción de carbohidratos dos produtos microbianos solubles,a fracción coloidal dos BPC, e as partículas exopoliméricas transparentes (TEP) foronestudadas como posibles indicadores de ensuciamento da membrana no sistemaproposto, encontrándose unha forte correlación entre a concentración de cBPC e TEP e avelocidade de ensuciamento da membrana, especialmente a concentracións de biomasainferiores a 4 g·L -1 .A concentración de biomasa foi un parámetro clave debido ao seu papel protector damembrana contra o ensuciamento provocado polas substancias biopoliméricas solubles ecoloidais. Dependendo da concentración de biomasa na cámara de membrana, apresenza de biopolímeros empeorou o rendemento da membrana en maior ou menorgrao. A velocidade de ensuciamento resultou ser 3 veces máis alta cando a concentración16

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!