14.04.2013 Views

POR UMA DEMOCRACIA RADICAL - ecrim

POR UMA DEMOCRACIA RADICAL - ecrim

POR UMA DEMOCRACIA RADICAL - ecrim

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

prime todas as condicións de existencia inhumana da sociedade»:

Se o proletariado trunfa, isto non significa que chegue a ser

o tipo absoluto da sociedade, xa que el non vencería máis que

suprimíndose a si mesmo tanto como ao seu contrario. A tese é

nidia: o proletariado é a única clase (revolucionaria) da historia

que queda abolida no mesmo acto de abolir a clase oposta.

O proletariado arestora, penso eu, recrútase entre todos

os membros do pobo, aínda que a clase obreira —incluídos

mariñeiros e campesiños pobres— polo seu lugar na produción

é con evidencia máis proclive a constituírse en proletariado,

amais de encarnar o desequilibrio e a inconsistencia

fundamental da totalidade social capitalista. Ningún modo

mellor de representar isto que o proceso contra Auguste

Blanqui en 1832. Cando o presidente do tribunal o comina a

confesar a súa profesión, Blanqui responde: «proletario». «Iso

non é unha profesión», rebate o xuíz, diante do cal Blanqui,

coa lucidez que o caracterizaba, argúe: «é a profesión de 30

millóns de franceses que viven só do seu traballo». O que

Blanqui fai é converter unha profesión (sexa a dos traballadores

manuais, a dos obreiros industriais, a dos asalariados

en xeral) na declaración de pertenza a un colectivo de natureza

ben particular. O proletariado non é identificábel con

ningún grupo social, é a clase que non existe máis que pola

declaración mesma por medio da cal non son tidos en conta,

nunha lóxica igual —salvando as circunstancias das distintas

épocas— que os proletarii da Antiga Roma, os que non tiñan

outra cousa que ofrecer senón a súa forza de traballo e a da

súa prole. Isto hoxe lese así: os que producindo toda a riqueza

da nación non posúen máis ca o xornal asalariado do seu

traballo para viviren —salvando as tarxetas de crédito, claro,

que os converten en escravos de por vida.

— 151 —

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!