14.04.2013 Views

POR UMA DEMOCRACIA RADICAL - ecrim

POR UMA DEMOCRACIA RADICAL - ecrim

POR UMA DEMOCRACIA RADICAL - ecrim

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

O chamado movemento 15M, un feito sociolóxico e político

certamente relevante, constitúe, a un tempo, a mellor

proba de que o discurso da esquerda perdeu moita incidencia

social e a proba de que aínda é posible, coa renovación axeitada

de formas e discursos, recuperar as posicións perdidas.

Se consideramos o 15M coma un movemento de tipo

populista (non populista no sentido en que falamos de Berlusconi

coma un político populista senón o tipo de populismo

do que fala, por exemplo, un Ernesto Laclau 2 , é dicir, un

movemento no que se presentan de maneira desordenada e

primitiva unha serie de demandas acordes aos intereses das

clases populares), podemos concluír que o 90% das demandas

que está a expresar a xente mobilizada arredor dese movemento,

sobre todo novos sen experiencia previa en política,

son demandas de esquerdas porque inciden na necesidade de

que sexan os máis (e os seus intereses) e non os menos quen

tomen as rendas da polis. Cousa diferente é o xeito que teñen

de expresaren estas demandas. É aquí onde temos unha fotografía

ben nítida da perda de hexemonía social da esquerda,

digamos clásica, e da penetración de certos discursos que

os lobbies e think tanks da dereita levan décadas creando e

difundindo. A linguaxe e as maneiras deste movemento evidencian

a fenda xeracional existente entre a tradición de esquerda

e a mocidade. Se ben a desconfianza cara a partidos e

sindicatos está plenamente xustificada pola praxe deses dous

tipos de organizacións nos últimos anos, é certo que esta

desconfianza demostra tamén como o traballo intelectual da

dereita dirixido tanto a desprestixiar o que quedaba de movemento

obreiro (penso que o rexeitamento aos sindicatos ten

máis que ver con isto que cunha denuncia, pertinente, do sindicalismo

pactista e apagalumes), como a recentralizar ideolóxica

e politicamente o Estado español (considero que en

— 163 —

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!