14.04.2013 Views

POR UMA DEMOCRACIA RADICAL - ecrim

POR UMA DEMOCRACIA RADICAL - ecrim

POR UMA DEMOCRACIA RADICAL - ecrim

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

fulcral nos seus escritos. Dito doutro xeito: prevención absoluta

cos nacionalismos que amosan as bandeiras e agachan

as carteiras.

Para rematar, unha idea máis sobre a condición proletaria.

Para alcanzala o primeiro que cómpre facer é negármonos

a obedecer a formulación actual do imperativo categórico,

que se podería resumir do seguinte xeito: «obra de tal

modo que a túa actividade non obstrúa a libre circulación e

reprodución do capital». Hoxe máis que nunca, nesta época

negra que vivimos, o deber dos que pretendemos levantar

o proletariado como categoría e como bandeira dos dereitos

conseguidos, é manter viva a memoria de todas as causas

perdidas, de todos os soños e esperanzas que acompañaron

a esquerda desde sempre. Aquí é onde non podemos ceder:

debemos preservar as pegadas de todos os soños e mesmo

das catástrofes históricas que sufrimos. Esta actitude non nos

confina nun namoramento nostálxico do pasado, senón que é

a única actitude que nos permitirá tomar a axeitada distancia

co presente para acadarmos os signos da negación do estado

vixente das cousas.

Se pretendemos pasar de súbditos a cidadáns debemos

lembrar a Étienne de la Boetie cando afirmaba que é o súbdito

mesmo o que, comportándose como tal, fai do amo un

amo; que o segredo do amo, o que lle confire a aura carismática,

é o rito simbólico do súbdito. De aí o seu consello:

«nada é máis fácil que liberarse do amo; abonda con deixar

de tratalo como tal e deixará de selo». É necesaria a vontade

de liberación para que a estrutura de poder se abanee significativamente.

En canto queiramos en serio deixar de ser

caciqueados, empezaremos o camiño para pasar da vontade

á realización efectiva. Se cada un de nós cumprise coa súa

conciencia de liberación no propio centro de traballo, todas

— 159 —

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!