14.04.2013 Views

POR UMA DEMOCRACIA RADICAL - ecrim

POR UMA DEMOCRACIA RADICAL - ecrim

POR UMA DEMOCRACIA RADICAL - ecrim

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

de universalidade, e os dous trazos característicos do proletariado

son as reclamacións de igualdade e liberdade. Porque

aínda cando non se trata no fondo dunha loita nacional —sobre

todo hoxe en día, nas brétemas da globalización—, a loita

do proletariado toma a forma nacional. Quérese dicir que o

actor histórico actual debe naturalmente desembarazarse da

súa propia burguesía, pola forma que toma a súa loita, non

polo seu contido, que debe, máis ca nunca, ser internacional,

xa que o internacionalismo do capital demanda unha nova

Internacional para estar en condicións de enxergar a neutralización

daquel. Estamos aínda na encrucillada sinalada

por Marx na Crítica ao programa de Gotha, ao reprochar

a incapacidade para concibir unha política internacional do

proletario, a inconsciencia de que o marco do Estado nacional

está inserido no cadro do mercado mundial. Porén, que

os proletarios non teñan patria non contradí o dereito de

autodeterminación dos pobos, soamente pretende dicir, ao

meu xuízo: 1º) que o proletario non ten propiedade ningunha;

2º) que o Estado-nación non defende a clase traballadora da

predación da súa burguesía; 3º) pretende advertir sabiamente

contra a manipulación dos sentimentos nacionais por parte

do populismo pequeno-burgués. Procuren vostedes exemplos

deste último trazo, non están lonxe de nós. Non outra

cousa foi o que comprendeu James Connolly, parellamente

a Lenin. A independencia política carece de significación se

non vai acompañada da independencia económica. Cómpre

abolir a dominación do capitalismo ao mesmo tempo que a

dominación de Inglaterra. A medida do avance da militancia

de Connolly no marxismo producirase na problemática

nacional irlandesa cun deslocamento na acentuación: a liberación

nacional concibida como a apropiación dos obreiros

e campesiños do produto do seu traballo ocupará un lugar

— 158 —

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!