24.12.2012 Views

1 Tr - Chioglossa

1 Tr - Chioglossa

1 Tr - Chioglossa

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

9X

invernas consecutivos nunha lagoa do interior

de Galicia. Tendo en canta as preferencias de

hábitat coincidentes coas de varias das especies

eiquí tra:adas, ademais das aves acuáticas propriamente

ditas (véxase De Juana, 1986) inclúese

tamén o Sisón (Tetrax tetrax).

ÁREA DE ESTUDIO E MÉTODOS

A lagoa de Cospeito. actualmente Refuxio de Caza.

atópase a carón da vila de Feira do Monte. na comarca

da Terra Cha (Lugo). Esta comarca caracterízase

pola súa práctica ausencia de relevo. o que determina

a existencia de varias pequenas lagoas semipermanentes

e moitas charcas temporais. A lagoa, sometida

a un proceso de drenaxe en 1964 e parcialmente recuperada

na actualidade (unhas 5 ha), está alimentada

polo río Guisande. tributario do Miño. e sofre variacións

de nivel continuas dependendo das precipitacións;

o nivel de desecamento durante o período

estival é moi acusado. A vexetación emerxente está

composta fundamentalmente por xunqueiras de lWleL/S

effil.\L/s e 1. heterophrllL/s, SparganiL/11l spp. e.

aparecendo espallados polo conxunto. numerosos

Salix spp. Os arredores prospectados están constituídos

por pastos. que en determinados momentos do

ano pódense encharcar; estos pastizais son básicamente

ut; izados como prados de sega. Máis información

sobro: a lagoa de Cospeito pódese atopar en Castro

e Cas.o (1990).

Dende setembro ata marzo das tempadas 1987-88,

1988-89 c 1989-90. censáronse as aves acuáticas

dendc ur, punto fixo. o observatorio ornitolóxico

existente na proximidade da lagoa (véxase Bibby et

al.. 1992). Os pastizais foron prospectados en automóbil

ó longo dun percorrido predeterminado (e. 3

km). efectuando paradas para contabilizar as aves.

fundame.llalmente limícolas e sisóns. Os censos

fomn levados a cabo pola tarde e un mínimo de tres

veces ó mes. empregándose prismáticos e telescopio.

A efectos de análise desbotáronse algúns por non reunir

a calidade suficiente debido a perturbacións

humanas (caza. outros observadores). A continuación

calculáronse os seguintes parámetros: (1) abundancia

(media mensual do número de individuos de cada

especie). ,2) riqueza (número de especies detectadas),

(3) diver'idade (H ou función de Shannon-Wiener).

(4) equit..bilidade (HIHmáx), e (4) dominancia (pro-

CHIOGLOSSA. I (1999)

porción da especie que con máis individuos contribúe

á abundancia total; May. 1975). Así mesmo. adscribíronse

as especies a tres categorías tróficas básicas ­

fitófagos. zoófagos e omnívoros- de acordo coas

descricións en Cramp e Simmons (1977.1980.1983).

obténdose a porcentaxe que representou cada unha

delas sobre a suma das medias mensuais de individuos

censados.

RESULTADOS E DISCUSIÓN

Nos Apéndices 1, 2 e 3 aparecen reflectidos

os resultados dos censos levados a cabo e os

valores obtidos para os parámetros e categorías

tróficas establecidos. Foron detectadas 21, 17 e

24 especies nas diferentes tempadas. acadándose

un total neto de 29 especies. Todas, agás dúas

anátidas calificables de accidentais (Tadorna

ferruginea e Aythya collaris), aparecen de xeito

máis ou menos regular na zona de estudio.

Coincidindo con Bárcena et al. (1987), o Sisón

foi a única especie relativamente numerosa que

se presentou soamente no outono, mentres que

Anas querquedula e Philomachus pugnax se

comportaron estrictamente como migradores.

Riqueza e abundancia

Tanto na riqueza como na abundancia, os

máximos valores déronse nos meses de decembro

ou xaneiro, coincidindo coa entrada máis

importante de anátidas e limícolas invernantes,

inda que en marzo se notou un certo incremento,

ou cambio, na composición específica debido ó

inicio do paso prenupcial. A evolución da abundancia

foi moi variable, acadándose as cifras

máximas de xeito paulatino (1987-88 e 1988­

89) ou brusco (1989-90). Sexa ou non debido a

cambios meteorolóxicos repentinos, estes incrementos

coincidiron ca aumento do grao de inundación

debido ás precipitacións (Whyte, 1981;

Amat, 1984), o que podería ter dado lugar á

existencia dunha maior diversidade estructural

dentro da lagoa (Braithwaite e Stewart, 1975). O

feito de que as desviacións típicas dos recontos

fosen máis marcadas canto máis elevados os

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!