24.12.2012 Views

1 Tr - Chioglossa

1 Tr - Chioglossa

1 Tr - Chioglossa

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

AVES ACUÁTICAS INVERNANTES EN LA LAGOA DE COSPEITO 99

promedios denota, como era de esperar, fluctuacións

numéricas características de medios sometidos

a forte estacionalidade (Margalef, 1974).

Diversidade, equitabilidade e dominancia

A diversidade media foi moi similar entre tempadas

(1,61,1,51 e 1,57, respectivamente) e, en

xeral, foi baixa, posiblemente como consecuencia

dunha limitada capacidade de acollida debido

ó pequeno tamaño actual da lagoa e a unha

diversidade estructural consecuentemente reducida.

Dentro da extreita marxe observada, oscilou

notablemente entre meses, circunstancia

característica de medios fluctuantes. De xeito

parecido á riqueza, os máximos valores acadáronse

durante os meses centrais da invernada. A

equitabilidade, que varía de xeito paralelo á

diversidade, acadou tamén valores medios de

magnitude baixa a moderada (0,505, 0,493 e

0,478), que supoñen un grao de realización da

comunidade moi baixo (Blondel, 1986). Os

valores do índice de dominancia resultaron ser

elevados na maior parte dos meses, descendendo

apreciablemente cara ó período central da

invernada e incrementándose lixeiramente, de

novo, cara á primavera. Estes altos valores de

dominancia ofrecen un panorama moi simplificado;

non obstante, durante os meses centrais

descenderon, o que permite entrever un posible

incremento da complexidade; cara á primavera,

os valores tenderon a subir lixeiramente ó irse

retirando paulatinamente as especies invernantes

para ser substituídas, inda que en pequena medida,

por especies en paso. A dominancia estivo

determinada en todo momento polo Lavanco (A.

platyrhynchos), salvo en momentos illados no

mes máis frío, nos que dominaron as avefrías

(Vanellus vanellus).

Estructura trófica

O predominio dos omnívoros, rexido polo

Lavanco, foi practicamente constante. Non obstante,

nos momentos centrais da invernada a

estructura tráfica diversificouse notoriamente

coa importante incorporación de fitáfagos -

representados por outras anátidas- e zoófagos

-basicamente avefrías e outras limícolas-,

tendendo ó equilibrio entre as tres categorías

consideradas. Os omnívoros representaron un

28,82% (1987-88), 58,59% (1988-89) e 37,5 l %

(1989-90) do número de individuos censados en

decembro-xaneiro, fronte a un 75,41, 74,75 e

68,35%, respectivamente, nos meses restantes

agrupados.

Consideracións conservacionistas

A pesares de non manter cantidades grandes

de aves de xeito regular, a lagoa de Cospeito

amasa un considerable interese polo seu papel

corno refuxio para as poboacións de aves acuáticas

doutros enclaves, da mesma ou diferente

rexión, ó presentarse condicións adversas, contribuíndo

á sua conservación. Por exemplo,

durante as ondas de frío esta pequena lagoa

pode albergar cantidades relativamente importantes

de anátidas e dalgunhas limícoJas. Ademais,

varias destas especies teñen interese cinexético

polo que a conservación e recuperación

da lagoa é importante, sobre todo, de cara a

unha xestión global das actividades cinexéticas

no ámbito comarcal ou mesmo rexional. Por

outra banda, segundo a proposta de Amat el al.,

(1985) acadan importancia nacional en función

das aves acuáticas aquelas localidades que

albergan, nese contexto, o 1% ou máis da poboación

de determinada especie, ponderado

mediante un factor de corrección que ten en

conta o tipo de dispersión xeográfica de dita

especie; este criterio cumpriuse, polas poboacións

de Cerceta (A. crecca), durante o período

de estudio (pero véxase De Souza e Lorenzo,

1991); cumpríronse sobradamente, ademais, os

criterios propostos polos mesmos autores para

considerar a zona de importancia rexional por

ese concepto. Cómpre ademais engadir que, no

marco galego, os pastos da zona constitúen un

importante lugar de concentración outonal para

o Sisón e de invernada para limícolas como a

Avefría e a Píldora Dourada (P. apricaria).

Tendo en conta os resultados expostos e afeito

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!