24.12.2012 Views

1 Tr - Chioglossa

1 Tr - Chioglossa

1 Tr - Chioglossa

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Chiog/o\,w. l· X1--X6. A Coruila. 1999

COMPORTAMENTO FRUXÍVORO DO TORDO REAL (TURDUS PILARIS):

VARIACIÓNS ENTRE ESPECIES DE PLANTA

Asier R. Larrinaga

INTRODUCCIÓN

Larrinaga, A. R. (1999). Comportamento fruxívoro do Tordo Real (Turdus pi/aris):

variacións entre especies de planta. Chiog/ossa, 1: 81-86.

Comparei o comportamento de alimentación do Tordo Real (Turdus pilaris) cando se

alimentaba de froitos de dúas especies distintas de plantas: Crataegus monogyna e

Sorbus aucuparia. Os froitos das dúas especies de plantas son diferentes e así é

tamén a súa distribución. Tomei os datos durante 63,5 horas de observación directa

por medio de prismáticos e telescopio en diversas localidades de Escocia. Os froitos

de S. aucuparia foron de máis difícil acceso pero consumíronse con maior éxito e a

maior velocidade. A eficacia de dispersión foi maior para o caso do S. aucuparia.

Queda evidenciada a grande influencia que as características da planta poden exercer

sobre o comportamento dos animais que interaccionan con ela.

Palabras chave: Capudre, Crataegus mOl1ogyna, ecoioxía de alimentación, Espiño

Albar, fruxivorismo, Sor/ms aucuparia, Tordo Real, Turdus pi/aris.

A palpa dos froitos carnosos constitúe un

recurso importante na alimentación das aves fruxívoras

que desempeñan, a cambio, un papel

destacado na bioloxía da reproducción da planta

(ver revisións en lordano, 1992 e Herrera, 1995)

e mesmo das comunidades vexetais (Debussche

et al., 1985; Herrera, 1985a).

Algúns estudios realizados sobre o fruxivorismo

inclúen certos aspectos relacionados ca

comportamento da ave (Herrera e lordano,

1981; Guitián, 1989; Greenberg et al., 1993),

pero son poucos os autores que estudiaron no

campo o comportamento das aves cando consomen

froitos carnosos (Pratt eStiles, 1983; Santana

e Milligan, 1984; Godschalk, 1985; Foster,

1987; Rodríguez e Bermejo, 1995), xa que a

meirande parte dos estudios realizados sobre o

particular se centraron fundamentalmente en

experi mentas de selección e/ou se levaron a

cabo con aves en catividade (Moermond e

Denslow, 1983; Levey et al., 1984; Moermond

et al., 1986; Santana et al., 1986; Moermond et

al., 1987; McPherson, 1988).

No presente trabaIlo estudiei o comportamento

do Tordo Real no campo, no momento de consumi-Ios

froitos carnosos de dúas especies de

rosáceas (Crataegus monogyna e Sorbus aucuparia).

O comportamento das aves, ademais de

determina-lo destino do froito (aspecto este que

está máis estudiado), pode ser de suma importancia

no gasto enerxético da ave, determinando

a relación beneficio/custo e contribuíndo así a

dar forma á interacción entre ave e planta.

ÁREA DE ESTUDIO E MÉTODOS

O traballo levouse a cabo en catro localidades de

Escocia situadas ó longo da ruta migratoria do Tordo

Real.

As localidades estudiadas englóbanse dentro de

dúas grandes áreas de características diferenciadas

entre si. As dúas localidades máis setentrionais (Gol spie,

57°55', e Bonar Bridge, 57°45') sitúanse no norte

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!