15.03.2021 Views

2011-2015

Relatos premiados 2011-2015

Relatos premiados 2011-2015

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

O bosón G de Higgs

Ana Belén Rodríguez

gañadora da categoría Adulto

G L

2014

Supoñamos.

Supoñamos que seguimos os dous aquí. Supoñamos que as noites non

deixan de ser longas, que as quendas nas que os nosos ollos fitan a

pantalla deste ordenador deixan de contarse por ducias e que a cantina

do reactor é un restaurante francés.

Aproximémonos. Acheguémonos ao modelo pel con pel. Desfagámonos

nun espazo escalar, pasiño a pasiño, fuxindo da nada cara ao

novo mundo.

Supoñamos que somos miúdos, minúsculos, imperceptibles salvo polas

paredes magnéticas dun monstro intelixente que zarandea as nosas

cargas e escintila o noso interior. Supoñamos que caemos eternamente,

que imos á velocidade da luz, que tan rápido voamos que non atinamos

a escoitar os nosos beizos devecendo por pronunciar a palabra amor.

Supoñamos que non hai masa. Supoñémolo, supómolo. Asumímolo.

Desexámolo.

Para que precisamos a masa? Para que? Se nun momento fomos

pura enerxía, verbo da ciencia, máxima de toda máxima… para que

precisamos a masa? Supoñamos, porén, que somos libres, que somos

ánima, que somos pensamento que non sabe de fronteiras. Pensamento

que agarima coma o vento nas fazulas, que moumea o suave renxer de

teslas enreixadas guiando un fluxo prometedor a través de canles nun

espazo toroidal. Somos matemática, queremos que a matemática sexa

realidade. A nosa matemática, a que describe as leis do Universo coa

mesma precisión que as hipérboles invertidas, centradas en corenta e

cinco graos, nos cuadrantes terceiro e cuarto baixo o teu esterno.

Somos simetría. Dous ollos de azul Cherenkov á procura do teu ollar.

Dúas mans agardando especulares a que o teu van encha a súa imprenta

enerxética. Dous brazos ao teu redor, unha lingua batendo nos dentes,

117

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!