15.03.2021 Views

2011-2015

Relatos premiados 2011-2015

Relatos premiados 2011-2015

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

G L

2014

118

chiscando unha e outra vez contra dentes famentos de éxito cada vez que

o monitor teima na súa esquiva do resultado das nosas arelas.

Somos un universo en miniatura, somos o nacer de todo, o NACER

con maiúsculas. Sinto na miña pel cóxegas electrificadas de ar baleiro ao

me mergullar nun campo denso buscando o teu corpo. Navego pola

superficie dese mar de Higgs con vento a prol do meu navío, suca a pel

dos meus beizos a estática do teu pescozo e, á velocidade da luz, non son

consciente da dor de non escoitar acordes harmónicos anoados á miña

onda en continuo movemento, constante, acelerado polas curvas do teu

van e o interior das túas coxas. E volta a empezar.

Nun branco a tremer baixo os nosos pés, empezamos de novo. Unha

minúscula tecla define un momento histórico no que gluóns e bosóns

acadan as mesmas coordenadas puntuais. En tempo cero busco a túa

man. Somos simetría. Simetría de latexos que arden a un tempo ata o

sétimo decimal. Cales son as probabilidades de repetir este momento?

Sinto a forza da partícula de Deus a me levar os dedos cara ao branco

nuclear, arrastrando en todas as direccións botóns, bolígrafos, teas e un

teu dosímetro que marca unha singularidade no histograma da nosa

paixón cun sonoro partir electrónico de trebellos a rabuñar o chan. Aquí

xa non hai ninguén, só nós e o zoar mequeiro do LHC, o noso violín de

paixón nas noites de Xenebra.

Calas.

Inmóbil na túa beleza núa érgueste a contraluz da cordilleira gráfica

que ferve no eixe xe eludindo o sentido de quen a ve. Véxoo, síntoo na

túa pel suave, o renacer de fermións baixando coma gotas de suor, de

bosóns calando no teu interior, na túa gorxa experta na didáctica, no

celme do sentimento inexplicado, invisible pero tanxible aos designios do

detector. Sen masa as miñas verbas que adoran a túa psique e o teu

arrecendo arrástranse, engánchanse en ti, nun teu campo escalar que o

rodea todo, que dá simetría, que dá razón, que atopa a perfección na

simple existencia da resistencia ao movemento continuo e constante. Velaí

o está, na cadencia do teu salouco salgado. Velaí, nese esquivo punto

entre vales, erixido tímido, poderoso, maxestoso nun pequeno outeiro de

estatística que dura un instante e libera o centro de toda creación. Velaí,

a 125 GeV. A partícula de Deus. O campo escalar da masa.

Demostramos.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!