15.03.2021 Views

2011-2015

Relatos premiados 2011-2015

Relatos premiados 2011-2015

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

especies, como as aves de rapina, primeiras consumidoras en varias

cadeas tróficas, nas que se atoparon bólas da plástico nas cavidades dos

seus estómagos debido a que se alimentaron doutras aves que, á súa vez,

comeron peixes que inxeriron plancto que absorbera estas substancias

tóxicas.

–Pero, tanto tardan en desaparecer eses plásticos?

-Os plásticos nunca desaparecen, nunca xamais deixan de ser plásticos;

unicamente se desintegran, pero co paso de centos e centos de anos.

–E son moitas as especies que morren a causa diso?

-Moitísimas. Tanto tartarugas mariñas coma delfíns, peixes, crustáceos,

aves mariñas e corais.

–Que mágoa, non cres?

-E tanto, Elena. Pero agora xa son horas de regresar á casa. Deberías

deixar o peixe no seu hábitat de novo.

–De acordo, pero… Imos deixar que isto suceda sen facer nada por

impedilo?

–Nin ti nin eu tiraremos xamais plástico nin outro lixo na contorna, non

che parece suficiente?

–Non! Deberían deter o culpable, a persoa que tirou ese plástico,

debería de saber todo o mundo o que sucedeu para que ninguén o volva

facer!

–A moi pouca xente lle importa a vida dos animais. Os humanos crense

superiores ao resto de criaturas, non van dar un paso pola vida destas

inocentes criaturas... A vida é moi cruel, Elena.

–Pois dáme igual, eu non me vou render. Voullo contar aos meus

amigos... bueno, non! Voullo contar á escola enteira, máis ben á vila

enteira para que se dea conta todo o mundo! NON TIREDES O LIXO AO

CHAN, APAÑADE VÓS A VOSA MERDA! NON TIREDES O LIXO...!

–Shhhhh! Non berres e fala ben, veña, volvemos para a casa, xa

veremos que imos facer...

–En serio, papá?

–Si, prometo axudarche ata que se decate todo o mundo do dano que

estamos a facerlles aos animais, pero agora deixa o peixe no seu lugar...

Estaba aínda alucinando co que acaba de oír, non polo que dicían, xa

que non entendín nada, falaban unha lingua moi rara e singular; senón

polo feito de ter oído eses sons procedentes do exterior. Sen dar crédito

G L

2013

125

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!