15.03.2021 Views

2011-2015

Relatos premiados 2011-2015

Relatos premiados 2011-2015

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

G L

2012

130

pradarías de Colorado, para investigar coa electricidade inalámbrica. Alí

construín un laboratorio cunha torre de 25 metros de altitude onde había

unha bobina de Tesla. Esta produce coa electricidade o mesmo efecto

que lle produce á auga unha boquilla no extremo dunha mangueira. Esta

bobina conectada á electricidade de Colorado xeraba 12 millóns de

voltios e facía brillar unha lámpada na miña man a máis dun quilómetro

e medio de distancia. Esta enerxía eléctrica non dana os seres humanos,

ao igual que as ondas de radio que nos bombardean. Cría que cruzara

o límite. Só necesitaba diñeiro para facer unha bobina de Tesla xigante.

Na costa leste dos Estados Unidos intentei crear o Centro de Rede de

Electricidade Inalámbrica Wardenclyffe con 150.000$ do empresario J. P.

Morgan. Para convencelo prometinlle grandes beneficios e un futuro glorioso.

Este estaba formado por un laboratorio e unha central eléctrica

cunha torre de 57 metros que albergaba unha bobina xigante. Baixo a

torre afundín variñas de 36 metros para transmitirlle a voltaxe ao solo.

Serían necesarias moitas coma esta para rodear o mundo con electricidade

inalámbrica. A electricidade procedería de centrais hidroeléctricas.

Para producir electricidade tamén patentei un aparato para utilizar

a enerxía radiante procedente do sol, dos raios cósmicos… e defendín a

enerxía xeotérmica, xa que creo que debe deterse o consumo de combustibles

fósiles polo interese de futuras xeracións.

Morgan deixou de financiarme cando Marconi logrou transmitir ondas

de radio atravesando o Atlántico utilizando 17 patentes miñas; así el será

recordado como pai da radio e non eu. O mundo non está preparado

para este proxecto.

O empresario Westinghouse mercou a miña patente da CA por

60.000$ e importantes accións na empresa Westinghouse. Entón foi

cando vostede comezou a facer mala prensa para intentar prexudicarme,

electrocutando animais con CA e mesmo convencendo o goberno para

que a utilizara para electrocutar presos. Vostede chamoulle a isto

«Westinghouseación».

A pesar da mala prensa, Westinghouse mais eu gañamos un concurso

para iluminar a Feira Universal de Chicago. Vostede negouse a que utilizase

as súas lámpadas para a feira, pero eu inventei outras máis fáciles de

fabricar e presentei na antedita feira unhas lámpadas fluorescentes que

quecen menos e duran máis cás incandescentes ideadas por ti.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!